Física aplicada
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |

A física aplicada é a física entendida como soporte para unha tecnoloxía ou uso práctico particular, como por exemplo en enxeñaría, como oposta á investigación básica. Esta aproximación é semellante á dada á matemática aplicada. A física aplicada está enraizada nas verdades fundamentais e nos conceptos básicos das ciencias físicas, pero está relacionada co uso de principios científicos en aparellos e sistemas prácticos, e na aplicación da física noutras áreas da ciencia. A "física aplicada" distínguese da "física pura" por unha combinación de factores como a motivación e a actitude dos investigadores e a natureza das relacións para coa tecnoloxía ou a ciencia que pode ser afectada polo seu traballo.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |