Manchester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaManchester
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Concilio Et Labore» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°28′N 2°14′O / 53.47, -2.23Coordenadas: 53°28′N 2°14′O / 53.47, -2.23
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNoroeste de Inglaterra - North West England
Condado cerimonialGran Manchester
Distrito metropolitano (pt) TraducirManchester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación547.627 (2018) Editar o valor em Wikidata (4.737,26 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie115,6 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRiver Irwell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude38 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1301 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postalM Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0161 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKD33 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcms.manchester.gov.uk Editar o valor em Wikidata
Twitter: ManCityCouncil Editar o valor em Wikidata

Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido.

É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior. É a terceira cidade máis visitada no Reino Unido por turistas doutros estados. Manchester foi a anfitrioa dos Xogos da Mancomunidade de 2002, e é sede de dous equipos de fútbol da Premier League, Manchester United e Manchester City.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Mamucium Castra[editar | editar a fonte]

No ano 79 os romanos, no seu avance de conquista da Gran Bretaña cara ao norte, estableceron un campamento fortificado (guarnición de 500 homes) na confluencia dos ríos Irwell e Medlock que chamaron Mamucium porque os celtas brigantes que habitaban a rexión referíanse ao lugar coma "outeiro con forma de peito de muller". Refeito en pedra no 160, xunto ao forte foi asentándose un vicus que chegou a estar habitado por 2.000 civís. Hoxe en día é a zona coñecida coma Castlefield, ao suroeste do concello, no centro da cidade.[5]

Coa retirada dos romanos de Britannia no 411, prodúcese tamén o abandono do asentamento, que se traslada anos despois apenas un quilómetro cara ao nordeste, na confluencia do Irwell co Irk, nas inmediacións da actual catedral. Pouco máis ca un poboado durante séculos, primeiro de celtas, anglosaxóns despois, tralo seu ataque do 429, e normandos finalmente, o Mamucium Castra romano convértese no Mameceaster saxón.

Os saxóns: Mameceaster[editar | editar a fonte]

Pouco a pouco, de simple parroquia dos Salford's Hundred (Salford é o concello xemelgo que se estende pola outra beira do Irwell) e residencia castelo dun señor feudal, no século XIII apunta o xurdimento dun burgo con feira e mercado (1222), foro en 1301, alcalde en 1322 e, nese mesmo ano, a referencia á primeira fábrica de tecidos. No século XIV asentáronse tecedores flamengos co que se deu inicio á industria téxtil que tanta importancia tivo no desenvolvemento da cidade. No ano 1368 aparece a primeira referencia a unha ponte de pedra sobre o Irwell.

En 1422 reconstruíuse a primitiva igrexa parroquial en estilo gótico perpendicular coma colexiata, e co tempo converteuse na catedral de Manchester, foco xerador da futura urbe[1][2].

Os séculos XVI e XVII verán o florecemento da industria e o comercio de la co que a cidade continúa a súa especialización téxtil. Dende o punto de vista urbano, cabe salientar o desenvolvemento do centro da cidade cara o sur coa igrexa de St. Ann (1709) e a praza homónima[3].

Orixes da Revolución Industrial: Cottonopolis[editar | editar a fonte]

Será no século XVIII e xa co algodón (polo que recibe o alcume de Cottonopolis), da man de inventos coma a máquina de vapor aplicada a novas tecedeiras e a existencia de minas de carbón e numerosos cursos de auga nos montes próximos (os Peninos, ao E e N), os que farán da rexión de Manchester (manufacturas en 1772[4]) o xermolo da Revolución Industrial, abrindo unha época que só agora estamos a piques de pechar.

Xa a partir de 1790 aparecen as primeiras grandes fiaduras no arrabalde de Ancoats (Murray's Mills, McConnel& Kennedy's Mills) e non deixaron de florecer durante todo o século XIX ata un total de 108 factorías en 1853[5][6]. Para semellante actividade foi preciso desenvolver unha nova rede de infraestruturas de transporte: canais (xa en 1761-1808 o Bridgewater Canal; Rochdale Canal, 1766-1794) que a conectan, vía o sistema fluvial Irwell-Mersey co mar (o Manchester Ship Canal 1889 a converte en porto oceánico no área industrial de Trafford[7]); e o ferrocarril, primeira liña de vapor do mundo entre Manchester e Liverpool en 1830[8].

Así, o XIX viu aparecer a tamén primeira cidade e aglomeración industrial da historia, unha paisaxe diferente onde, no lugar das agullas de igrexas, sobresaían as chemineas das fábricas[9], e os barrios de vivendas, todas iguais, dos obreiros vindos do campo, estendíanse ata o horizonte[10]. Aí comezaron tamén os problemas de polución e suburbialización que tan ben coñecemos hoxe, e que levaron a Engels na súa visita a cidade a escribir un célebre ensaio anticipador do discurso posterior con Marx da loita de clases e a emancipación do proletariado.

A pioneira dunha época foino tamén do seu declive. A segunda metade do século vinte viu a obsolescencia e dependencia excesiva dun modo de produción que xa non é competitivo. A cidade atópase inmersa nunha profunda tarefa de reconversión e rehabilitación do seu tecido produtivo e urbano.

Cultura[editar | editar a fonte]

Biblioteca Central de Manchester.

Manchester ten unha gran cantidade de museos, entre eles o Lowry, Manchester Art Gallery, Urbis, e o Manchester Museum (Museo de Historia) con abundantes pezas do antigo Exipto. Na cidade áchase a biblioteca John Rylands, onde se conserva o manuscrito máis antigo dos evanxeos: parte do evanxeo segundo San Xoán.

No que se refire a tendencias musicais, especialmente á escena de música New wave dos anos 1980, chamada Madchester, de alí saíron grupos e solistas tan relevantes como Oasis, Barclay James Harvest, Herman's Hermits, Van Der Graaf Generator, The Hollies, Buzzcocks, The Fall, The Smiths (e posteriormente o seu líder Morrissey e o guitarrista Johnny Marr), Joy Division, Simply Red, Happy Mondays, James, Take That, The Stone Roses, Inspiral Carpets, New Order, Black Grape, The Charlatans, The Chemical Brothers, 808 State, Electronic, John Foxx etc.

Economía[editar | editar a fonte]

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Deporte[editar | editar a fonte]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2006. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  9. [2]
  10. [3] Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.[4] Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]