Xosé Ramón Gayoso: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Engadín unha imaxe recente |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Estudou no colexio [[A Coruña|coruñés]] da [[Grande Obra de Atocha]]. Licenciouse en dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Practicante de [[atletismo]], en concreto lanzamento de [[martelo]], proclamouse campión de España en [[1975]] cun lanzamento de 46 m<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2008/11/21/01101227280643842155640.htm# La Voz de Galicia]</ref>. Practicando atletismo coñeceu a [[Álvaro Someso (atleta)|Álvaro Someso]], campión galego de [[salto de altura]] en [[1973]], con quen en [[1978]] formou o dúo ''Keltia''. Xuntos editaron en [[1979]] ''Choca esos cinco'', disco que foi producido por [[CBS]], onde a metade das cancións estaban interpretadas en [[lingua galega|galego]], e onde facían versións de [[José Afonso]] e musicaban a [[Rosalía de Castro]].<ref name="laopinioncoruna.es">[http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2010/05/05/jose-ramon-gayoso-culpa-padres-subirme-escenario/381382.html José Ramón Gayoso: ´La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario´], ''[[La Opinión de A Coruña]]'', 5/5/2010.</ref><ref>[http://caratulascoque.blogspot.com/2008/06/choca-esos-cinco-cbs-1979-keltia.html Choca esos cinco (CBS) 1979]. Cara Tula, web de curiosidades discográfica, 26/6/2008.</ref>. |

[[Ficheiro:Xosé Ramón Gayoso no Miss Vaca 2019 01.jpg|alt=Gayoso con Miss Vaca 2019|miniatura|Xosé Ramón Gayoso na edición de 2019 do certame Miss Vaca celebrado no programa Luar da TVG]] |
|||
Recomendado pola cantante [[Elsa Baeza]], marchou a [[Madrid]] traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en [[divorcio]]s e nulidades, co que tivo que intervir en casos no [[Tribunal de La Rota]]. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na [[TVG]]. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en [[1985]]<ref name="laopinioncoruna.es"/>. Presentou programas como ''[[Entre nós]]'', ''[[Boa Noite]]'', ''[[Lúa Nova]]'', ''O veciño do xoves'', ''Corazonada'', ''Adiviña quen ven esta noite'' e ''Pensando en ti''. Pero foi con ''[[Luar (programa)|Luar]]'', a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular. |

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2019 ás 22:37
Nome orixinal | Xosé Ramón Gayoso Bonigno |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de abril de 1956 (68 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Avogado, atleta, presentador, cantante |
Período de actividade | 1985 - |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.
Traxectoria
Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España en 1975 cun lanzamento de 46 m[1]. Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973, con quen en 1978 formou o dúo Keltia. Xuntos editaron en 1979 Choca esos cinco, disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[2][3].
Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985[2]. Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.
No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[4] Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir de Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[5]
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
2010 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Nomeado |
2013 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
Notas
- ↑ La Voz de Galicia
- ↑ 2,0 2,1 José Ramón Gayoso: ´La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario´, La Opinión de A Coruña, 5/5/2010.
- ↑ Choca esos cinco (CBS) 1979. Cara Tula, web de curiosidades discográfica, 26/6/2008.
- ↑ "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Consultado o 8 de xuño de 2017.
- ↑ Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás