Policarpo Sanz: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: arranxiño |
m Xabier Cid moveu a páxina "José Policarpo Sanz Souto" a "Policarpo Sanz" sobre unha redirección |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2017 ás 17:53
José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.
Traxectoria
Como emigrante nos Estados Unidos de América, Policarpo Sanz construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu casamento con Irene de Ceballos, adiñeirada herdeira de orixes cubanas.
Despois da súa morte, seguíndose o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo, cidade onde Policarpo Sanz pasou a súa infancia. Nesa colección atopábanse importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois.
Na súa honra, o concello de Vigo bautizou unha das súas principais rúas co nome do mecenas, que hoxe é o enderezo das sedes de institucións bancarias, de teatros e centros culturais.