Conversa usuario:Xabier Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 06/06/2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18    

As anteriores mensaxes están accesibles no arquivo.

homónimos[editar a fonte]

Ola, Xabier; como vai todo?

Discordo completamente da túa decisión de mover a páxina de homónimos de Berkeley. Se a cidade de California fose o que deu pé ao resto de topónimos e apelidos podería estar de acordo en deixala con Berkeley como entrada principal, pero de non ser así penso que ese debe ser o lugar para a páxina de homónimos, ao igual que fan a propia wikipedia en inglés, e tamén outras como en portugués ou castelán. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de novembro de 2017 ás 17:24 (UTC)

Ola, Estevoaei, entendo o teu punto de vista. O criterio da Galipedia á hora de establecer as prioridades nos homónimos sempre (ou case sempre) é de importancia. Por exemplo, hai un país que se chama Xeorxia e todas as demais cousas van en homónimos. No caso de Berkeley, hai unha cidade que se chama así, de 120.000 habitantes, que é unha cidade universitaria importante no mundo, e despois outras cousas que, ou son entidades de poboación moi menores, ou son apelidos de señores (que agás casos excepcionais na GL.wikipedia) sempre se ordenan por nome e apelidos, ou son universidades, equipos de baloncesto e demais, que teñen un nome máis completo. Iso é o criterio que se seguiu sempre. Efectivamente creo que deberiamos ir a homónimos se houbese dúas cidades que se chamasen igual de parecida importancia ou casos dubidosos. Eu, neste caso, non vexo moita confusión posible. En todo caso, estou agora repasando as ligazóns que apuntan a un e a outra (de feito, aínda que vou revisar de novo, a primeira vista non vin ningunha páxina que ligase a Berkeley que non fose á cidade). Moitas grazas polo comentario... Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de novembro de 2017 ás 17:37 (UTC)
Non falo só da importancia das poboacións, senón tamén como apelido. De feito cando se creou Berkeley orixinariamente foi como redirección a filósofo, e de feito a cidade californiana recibe o seu nome por dita personalidade. En calquera caso, o criterio de importancia para establecer prioridades pode considerarse subxectivo. Amais, as páxinas de homónimos teñen un valor didáctico. A xente pode buscar Berkeley cunha idea fixa, pero se é unha páxina de homónimos apréndese que hai numerosos motivos así chamados.
O caso de Xeorxia na gl.wiki non vale como exemplo, pois se acordou facer excepcións nos artigos de estados e de concellos galegos e evitar as comas.
En fin; agardo que reconsideres a túa opinión, e de non ser así que polo menos esta conversa sexa construtiva. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de novembro de 2017 ás 17:50 (UTC)
Entendo, Estevoaei, as túas consideracións. O de que a importancia é subxectiva... si, sen dúbida, e como digo hai ben de casos en que pode haber dúbidas, pero hai outros nos que, como Madrid, non hai moita comparanza posible. Que alguén pode subxectivamente discutir cal é o Madrid máis importante... si. Hai un apartado en Wikipedia:Homónimos que fala disto e de que hai primarios e secundarios. Ademais, debemos ter presente o obxectivo da sinxeleza, para facer que a wikipedia sexa amigable de editar tamén para as persoas que non son pro. Crear homónimos para unha cidade porque un filósofo (que ten apelido pero tamén nome) coincide no apelido con ela, paréceme complicar. Se Cervantes é o concello... E, ben, o de forzar a serendipia non o vexo. Que a xente que procure atope de forma áxil é, creo, mellor que "torturalos" con clics porque queremos que aprendan algo novo: a posibilidade de meter a ligazón á páxina de homónimos sempre está aí (por certo, non está no filósofo). E poño un exemplo de agora mesmo. Hai unha cidade que se chama Anaheim en California (350.000 habitantes), que dependía dunha páxina de homónimos (e tiña un título binomial) porque hai un "pemento de Anaheim", que non ten artigo na nosa wikipedia, e que é unha variedade do chile e puxémolos ao mesmo nivel. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de novembro de 2017 ás 18:17 (UTC)
Polo amor de Deus. Non respondín o teu último comentario porque me daba preguiza ver como retorces os argumentos e ofreces exemplos que non veñen ao caso (dixemos que os concellos galegos son excepcións, e en calquera caso Cervantes é un apelido xurdido a partir dun topónimo, mentres que Berkeley é un topónimo xurdido a partir dun apelido). E en serio me comparas Madrid co resto de movementos? En serio pensas que a xente que procura, por exemplo, Santa Rosa na galipedia vai buscar a cidade de California pero non calquera outra das opcións? Os movementos que estás a facer non teñen nin xeito nin trazo. Propón un debate na Taberna ou algo, porque creo que a estás a liar bastante parda sen moito consenso nin criterio. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 18:06 (UTC)
Grazas, Estevoaei, moitas grazas por advertir do erro de mover Santa Rosa. Amañado! --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de decembro de 2017 ás 18:17 (UTC)

Interwiki[editar a fonte]

Boas Xabier! Sabes se se poden ligar as interwiki do Atanerico con Atanarico? Eu intentei facelo máis non fun quen de logralo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 18:42 (UTC)

Ola, Amperio, creo que sei onde pode estar o problema... déixame 5 minutos porfis.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 18:46 (UTC)
Ben, Amperio, Atanarico e Atanerico non son o mesmo paisano. O que fixen foi, primeiro, retirar o GL da lista de artigos "Atanerico" (e que eran só catro linguas máis referidas a un rei ostrogodo), e despois vencellalo aos demais "Atanaricos" (que é un rei visigodo). Debería estar amañado xa.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 18:56 (UTC)
Grazas por amañalo! Efectivamente acabo de consultar o artigo en éuscaro e semella que se trata do primeiro rei godo. Moitas grazas de novo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:06 (UTC)
Xabier, estiven investigando un pouco máis e creo que si se trata do mesmo paisano... --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:12 (UTC)
Ben, Amperio, ese é outro problema. :) Se se trata do mesmo paisano, o problema está no neerlandés, que é quen ten dous artigos diferentes para o mesmo ser humano. O primeiro é que habería que estar seguro. O segundo, habería que editalo na Wikipedia NL, recomendando a súa fusión. Con respecto a saber quen é, aí eu nado un pouco fóra do meu calado... se o determinas ti, perfecto. Se despois queres que edite eu na Wikipedia NL, fágoo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 19:17 (UTC)
Vale atopado o problema. O noso artigo mestura aos dous. Polo que puiden ver o tal Atanerico (Athanerik), foi un rei ostrogodo na zona de Ucraína que foi sucedido por Achiulfo, como di o noso artigo. Porén Atanarico (Athanarik), foi visigodo e sucedido por Alavivo segundo o artigo en castelán. Semella que pola proximidade das datas nas que viviron e, evidente parecido dos nomes, alguén trabucouse e mesturounos. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:30 (UTC)
Moi ben, Amperio :) Pois fágome a un lado para que poñas orde niso... :) Se necesitas axuda, estarei uns 40 minutos máis hoxe, e se non, mañá.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 19:32 (UTC)

Amañado queda, Atanarico. Engadín algunha referencia máis que atopei en google para os contidos do artigo e eliminei a referencia a Atanerico. Grazas pola axuda! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:50 (UTC)

cat-a-lot[editar a fonte]

Cat-a-lot[editar a fonte]

Ola, Xabier;

Como lle expliquei hai uns meses a Chairego, existe o trebello Cat-a-lot, que serve para mudar categorizacións de forma masiva. Como me explicou Banjo, podes activalo engadindo o seguinte código en meta:User:Xabier_Cid/global.js:

//catALot///////////////////////////////////////
mw.loader.using(['jquery.ui.resizable', 'mediawiki.util'], function(){
	mw.loader.load('//commons.wikimedia.org/w/load.php?modules=ext.gadget.Cat-a-lot');
});
////////// Cat-A-Lot user preferences //////////
window.catALotPrefs = {"watchlist":"preferences","minor":true,"editpages":true,"docleanup":false,"subcatcount":10};
////////////////////////////////////catALotEnd//

Unha vez que estea activo, cando esteas nunha categoría hache aparecer abaixo á dereita unha pestaniña que pon "Cat-a-lot", e podes mover os artigos que queiras desa categoría a outra. En fin, quizais che sexa de utilidade.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 22:01 (UTC)

Moitas grazas, Estevoaei. Vou facer un probas esta mañá. Un saudiño! :)

Revisión tradución[editar a fonte]

Boas, aproveito que andas de novo por aquí, que boa nova! :), para pedirche, se tes un momento, que revises un apartado dun artigo. Ampliei o apartado de "Anthropomorpha" en Carl von Linné traducíndoo de en.wiki, e hai algunhas partes nas que teño dúbidas, non é moi longo pero ten tamén a nota 6 que ten partes un tanto enrevesadas. A ver se lle podes botar un ollo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 08:58 (UTC)

RE:Centenarias e centenarios[editar a fonte]

Moitas grazas por avisar. A verdade é que os motivos son máis que suficientes e estou dacordo. Ás veces busco a singularidade á hora de crear artigos, pero está claro que non todo vale. Unha apertiña. Krisko (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 20:49 (UTC)

Toliño[editar a fonte]

Ola, Xabier. A conta do degradado de Toliño, deixo copia do que lle puxen esta mañá na súa páxina de conversa: "Comezando a revisión do proceso de revogación pedido por Banjo, observo que deixou unha mensaxe dicindo que un par de días antes se te envíaría unha nova mensaxe, cousa que aínda non se fixo. Como fun eu quen respondeu á petición de Banjo, deixo a nova mensaxe antes de seguir coa revogación. Nestes días próximos volverei tentar poñerme en contacto contigo por outros medios. Un saúdo.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:24 (UTC)". A máis, envieille un correo electrónico. O día 1, caso de seguir sen obter resposta, seguirei. Saúdos.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:27 (UTC)

Agremon, que che parece se deixamos sen facer nad ata a volta das vacacións? Non teño eu diso, pero, como son períodos inhábiles para a Galipedia, que non contan para votacións, nin para propor políticas nin pra nada, que che parece se lle mandamos a Toliño unha mensaxe o 8 de xaneiro, que é luns, e se non responde antes, o 9 poñémonos mans á obra? Ah, e moitas grazas polo que fixeches estes días. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de decembro de 2017 ás 10:05 (UTC)
De acordo. Xa varío as mesaxes que fun deixando. O que fixen nestes días? Nada. :-) Unha aperta! Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 10:56 (UTC)


Cursada a petición en meta: meta:Steward requests/Permissions/2018-01#Toliño@gl.wikipedia --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:27 (UTC)

Wikirreto 2018[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)

modelo:Artes de pesca[editar a fonte]

Dado que o DOG non parece querer ofrecer o resultado do Real Decreto que se menciona no modelo e que asumo que foi a fonte de onde saquei o de corona, atopei isto no artigo . ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de xaneiro de 2018 ás 10:46 (UTC)

Ola, Sobreira, moitas grazas. Seguindo o teu ronsel atopei isto que creo que nos vale para mudar o corona por coroa. Apertiñas --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xaneiro de 2018 ás 18:14 (UTC)

etimoloxías[editar a fonte]

Ola, Xabier; como vai?

Normalmente cando inclúo etimoloxías nos artigos, fágoo tamén nas páxinas de homónimos; hei chuzar o que puxeches en Osebe e Agrela. Se che apetece, bótalle un ollo á introdución que escribín en Usuario:Estevoaei/topónimos, e se queres deixa a túa opinión da páxina de conversa desa subpáxina. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xaneiro de 2018 ás 16:40 (UTC)

Ola, Estevoaei, moitas grazas! Tiña dúbidas de se facelo, porque pensei que se cadra ao ser páxinas de homónimos, que non teñen contido de seu... pero paréceme unha idea estupenda. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de xaneiro de 2018 ás 16:45 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.