Quest'utente può contribuire con un Italiano di livello semplice.
Levo usando a wikipedia moitos anos, pero editando na súa versión galega (só) dende maio de 2006.
Entre novembro de 2007 e xuño de 2010 recibín a encomenda de ser administrador, e renunciei logo de pasar algúns meses inactivo. En febreiro de 2012 volvín ser elixido administrador e continúo a selo, se ben non sempre o activo que me gustaría.
Considérome europeo e vivín en 7 vilas e cidades. Agora mesmo resido en Madrid. Teño interese en aves e en bicis.
Estou aquí para axudar
Este usuario leva 16 anos, 0 meses e 21 días na Galipedia.
Se tes dúbidas con algo, podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa.
Se o que tes que dicir é longo e complicado, e prefires "falar en presencial" podo axudarte a través do Telegram.
Contáctame como @xabitubbi.
Despois da conversa, alguén dos dous ten que escribir un resumo para que quede constancia da interacción para a comunidade. É mellor que sexas ti.
Non atendo 24/7, pero pode ser un método máis áxil ca unha páxina de conversa.
Obxectivos xerais
Así era hai anos
É máis fácil de corrixir a Wikipedia do que a vida.
Ao longo destes anos fun fixándome unha serie de obxectivos, e fracasando en todos eles, en xeral. Pero alá vou, con outro conxunto de obxectivos. Gustaríame que a Wikipedia fose un espazo inclusivo e de consenso. Por iso vou traballar para
Corrixir o nesgo nacionalista que calquera proxecto wikipedia ten, onde todo se organiza por nacións, incluso as cousas que non son nacionais.
Diversificar: de xénero, de cor, de lingua.
Revisar algunhas políticas, entre elas a de categorías.