Eugenio Arbones Castellanzuelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Eugenio Arbones Castellanzuelo.jpg
Liña 29: Liña 29:
[[Categoría:Nados en 1884]]
[[Categoría:Nados en 1884]]
[[Categoría:Finados en 1936]]
[[Categoría:Finados en 1936]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2017 ás 22:02

Eugenio Arbones Castellanzuelo.

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da Guerra Civil.

Traxectoria

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista. Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás eleccións de febreiro de 1936 non se presentou. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido no Fronton e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro, con Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araújo Conde e Adolfo Morgade Pazos.

Obras

  • Problemas fundamentales de la gestación, 1929.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas