José Luis Peláez Casalderrey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1924 Pontevedra, España |
Morte | 20 de marzo de 2012 (88 anos) Pontevedra, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
30 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971 ← Enrique Lorenzo Docampo Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1970 – 1979 ← Enrique Lorenzo Docampo – Federico Cifuentes Pérez → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
José Luis Peláez Casalderrey, nado en Pontevedra o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 2012, foi un mestre, enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Casiano Peláez Merino. Traballou como enxeñeiro do Instituto para a Conservación da Natureza (ICONA), foi presidente da Cámara Agraria Provincial e exerceu como alcalde accidental de Pontevedra dende o 24 de xullo de 1959, en vésperas da toma de posesión do cargo de Xosé Filgueira Valverde. Foi presidente da Deputación de Pontevedra entre 1970 e 1979 e tamén procurador en Cortes (1970-1977). Foi delegado provincial da Consellería de Presidencia en 1987, sendo conselleiro Manuel Anxo Villanueva Cendón.
Predecesor: Enrique Lorenzo Docampo |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1970 - 1979 |
Sucesor: Federico Cifuentes Pérez |