Fernando Barros Pumariño
Fernando Barros Pumariño | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1906 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 22 de marzo de 1959 |
París | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Barros Pumariño, nado en Santiago de Compostela o 15 de agosto de 1906 e finado en París o 22 de marzo de 1959, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, delegado da Sociedad General de Autores. Amigo e compañeiro de Arturo Cuadrado. Pertenceu á masonería. Participou no Pacto de Lestrobe en representación da ORGA e foi secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931). Despois integrouse en Izquierda Republicana. Foi detido pola folga xeral revolucionaria de 1934. Amigo de Ramón María del Valle-Inclán, acompañouno nas seus últimos momentos e foi o seu testamenteiro[1]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, permaneceu agochado no Sanatorio Baltar até que logrou atravesar a fronteira portuguesa e pasar á zona leal. Integrouse no exército republicano como comandante. Contactou en Valencia con Borobó. Coa derrota republicana foi detido e internado na prisión de San Miguel de los Reyes (Valencia) o 14 de abril de 1939. Despois pasou á prisión de Porlier. En xuño de 1945 as autoridades franquistas conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento, que tería que cumprir en Vigo. En abril de 1948 desapareceu do seu domicilio de Vigo e fuxiu a Francia. Alí traballou de albanel. Reuníase no café Mabillon de París xunto con outros exiliados.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Díaz Rey, María (2004). Do Castro, ed. Noticia sobre Fernando Barros Pumariño (1906-1959). Sada. ISBN 84-8485-143-5.
- Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 222–224. ISBN 84-8485-186-9.