Carlos Jiménez Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1971 ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | locutor de radio, imitador, actor de dobraxe, humorista ![]() |
![]() ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Carlos Jiménez Díaz, coñecido artisticamente como Carlos Jiménez, nado en Viveiro o 11 de xaneiro de 1971, é un actor de dobraxe, locutor e presentador radiofónico e de televisión, humorista e imitador galego. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dobraxe
[editar | editar a fonte]Carlos Jiménez ten unha longa traxectoria como actor de dobraxe en publicidade, series de televisión e longametraxes. Un dos seus traballos máis coñecidos é como voz de Paulo Mármore na versión galega de Os Picapedra (The Flinstones), emitida pola TVG.
Foi locutor dos programas Hai que mollarse e Botarse ó monte, actualmente tamén en Cos Pés na Terra na televisión pública galega, e púxolle a voz ao personaxe Burro, na dobraxe galega do filme Shrek (na versión orixinal tiña a voz de Eddie Murphy).
Radio
[editar | editar a fonte]Como locutor radiofónico traballou no espazo Corre Carmela que chove en RadioVoz Galicia (1993-1995), líder de audiencia na súa faixa horaria e Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa radiofónico de 1994. Tamén recibiu o Premio Curuxa do Humor que concede o Concello de Fene nese mesmo ano.
Entre 1996 e 1998 traballou tamén no programa Penalty y Expulsión en Radio Voz A Coruña, e desde 1999 en distintos programas da Radio Galega como Nunca Tal Oíra, O Miradoiro e Un día por diante (tamén con Paco Lodeiro). Desde outubro de 2009 ata 2017 formou parte do equipo do espazo deportivo Galicia en Goles onde recibiu tamén o premio no apartado de Radio ano 2013 da Asociación Galega de Prensa Deportiva. Desde entón forma parte do programa Galicia por Diante, xunto con Kiko Novoa.
Televisión
[editar | editar a fonte]Colaborou en diversos programas da TVG como Palabras maiores (1994), Selección Galega (1995), Salsa verde (1996), Tardes con Ana (1999-2001), Tardes de verán (2000), O show dos Tonechos e colaboracións esporádicas en Supermartes e Luar. Desde novembro de 2009 a 2011 como guionista e actor no programa de humor Land Rober, con Roberto Vilar.
Humorista e imitador
[editar | editar a fonte]Comezou como humorista en espectáculos en directo como membro do equipo de Corre Carmela que Chove. É membro do espectáculo humorístico Risoterapia, xunto con Paco Lodeiro, que realiza periodicamente actuacións por toda Galiza. A súa especialidade é a imitación, e asegura contar no seu repertorio con máis de 120 personaxes famosos.