Teresa García-Sabell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa García-Sabell
Nacemento11 de marzo de 1942
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga e profesora universitaria
PaiDomingo García-Sabell
NaiElena Tormo López
CónxuxeXosé Manuel Beiras
FillosRicardo e Daniel Beiras García-Sabell
editar datos en Wikidata ]

Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega.

Traxectoria académica[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid no ano 1969, doutorouse en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 e é profesora na Facultade Filoloxía da USC a partir do ano 1969. Durante os anos de docencia impartiu aulas de Historia da Lingua Francesa e Gramática Histórica do francés.

Foi directora do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (1986-1989), vicepresidenta da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (1993-1996), directora do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana da USC (1996-1999) e membro do comité organizador do congreso "Les chemins du texte" (1997).

Profesora contratada como Maître de Conférences Associée na Universidade de Dijon (Borgoña) no curso 1990-1991 para impartir aulas de Cultura Medieval Europea e Tradución: Thème et Version.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Presentouse ás eleccións municipais de 1999 na lista do PSdeG-PSOE. Foi elixida concelleira e ocupou o cargo de Concelleira de Cultura, Educación, Presidencia e Relacións Institucionais no Concello de Santiago de Compostela durante dúas lexislaturas a partir de 1999.

Obras[editar | editar a fonte]

Mentres cursaba estudos universitarios, traballou como tradutora e correctora para a editorial Taurus de Madrid. Froito deste traballo, en 1967 traduciu o ensaio de Jean Bécarud La Regenta de Clarín y la Restauración.

En 1991 a editorial Galaxia publicou parte da súa tese, a relacionada co léxico no volume: Léxico francés nos cancioneiros galego-portugueses. Revisión crítica.

Participou en obras colectivas sobre o estudo das relacións entre a literatura medieval francesa e a galega. Tamén se especializou na tradución dos textos medievais á lingua actual e abordou temas de historia da lingua francesa.

Entre os seus traballos están os seguintes:

  • Puntualización á influencia da escola trobadoresca provenzal no léxico da lírica galego-portuguesa, Homenaxe ó profesor Constantino García (1981).
  • Sobre a traducción de textos literarios franceses na Edade Media: o capítulo 6 de Erec, Actas do Congreso da Associaçao Hispânica de Literatura Medieval (1993).
  • La traducción de textos medievales franceses a la luz de versiones coetáneas, en colaboración co profesor C. Flores Varela, Actas del II Coloquio sobre los estudios de Filología Francesa en la Universidad española (1994).
  • A vueltas con la traducción de textos épicos medievales: El retrato de los héroes, en colaboración co profesor C. Flores Varela, en Centenario François Rabelais (1994).
  • La traducción de textos medievales desde una prespectiva diacrónica: El ataque con espada en colaboración co profesor C. Flores Varela, La traducción: Metología, Historia, Literatura. Ámbito hispanofrancés (1995).
  • Quelques cas d´allophonie chez les troubadours, Estudios de Filología Francesa. Edad Media y siglo XVI (1996).
  • Evolution et développement des formes de l´interrogation directe. 1 Les marques, en La linguistique Française: grammaire, histoire et épistémologie (1996).
  • Evolution et développement des formes de l´interrogation directe. 2 L´ordre des éléments de la phrase, en Homenaje al Profesor Cantera (1997).
  • As cantigas de amigo francesas, en O mar das cantigas (1997).
  • Motifs et formules dans le roman en prose. L´Erec et sa traduction galicienne-portugaise, en colaboración co profesor López Martínez-Morás Relaciones culturales entre España y Francia y otros países de legua francesa (1999).
  • Compostela y los trovadores, en Homenaxe ao profesor Camilo Flores (1999).

En 2020 encargouse da edición de Lembranzas do meu vivir I: O meu século XIX. Os tempos do instituto, as memorias de Ramón Otero Pedrayo, xunto a Patricia Arias Chachero.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É filla de Domingo García-Sabell e Elena Tormo López, e irmá de Elena García-Sabell Tormo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha en Editorial Galaxia.