Manuel de Dios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel de Dios
Ourense 07-16 Manuel de Dios.JPG
Placa na praza en honor a Manuel de Dios, en Ourense.
Nacemento14 de setembro de 1930
Lugar de nacementoSan Xes
Falecemento12 de novembro de 2009
Lugar de falecementoOurense
SoterradoAlbán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, compositor e musicólogo
CónxuxeM.ª Ángeles Hernández
FillosManuel (1971)
IrmánsXosé Luís de Dios Martínez
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía Románica
editar datos en Wikidata ]

Manuel de Dios Martínez, nado o 14 de setembro de 1930 en San Xes (Paderne de Allariz) e finado o 12 de novembro de 2009 en Ourense[1], foi un poeta, compositor e musicólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de música e literatura en varios institutos de bacharelato de Ourense. Na década dos sesenta entra en contacto con Carlos Casares, Xesús Ferro Couselo e Xulio Francisco Ogando.

De 1956 a 1964 e de 1969 a 1990 foi o director da Coral de Ruada, un conxunto vocálico ourensán[2]. Tamén dirixiu a coral Vellos Amigos.

Pertencente ao Grupo Marcelo Macías, colaborou no Boletín Auriense, e axudou a Xaquín Lorenzo na recompilación do Cancioneiro da Baixa Limia[3].

Obra[editar | editar a fonte]

Como compositor[editar | editar a fonte]

  • Cantos de traer e levar (2005)

Como poeta[editar | editar a fonte]

Persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán do pintor Xosé Luís de Dios. En 1988 sufriu a perda das súas fillas Digna María e María de los Ángeles, falecidas nun accidente automobilístico na cidade de Ourense. Foi soterrado en San Paio de Albán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]