Palmeira, Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Palmeira
Igrexa de Palmeira, Ribeira.jpg
Igrexa se San Pedro de Palmeira.
ConcelloRibeira
Poboación2.694 hab. (2013)
Entidades de poboación39

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Palmeira na literatura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [1].
Cantigueiro
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira [2].
  • Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos [3].
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [4].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [5].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [6].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [7].
  • Os do Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra [8].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [9].
  • Se din que Palmeira é probe/ n’é por falta de diñeiro,/ levantaron unha mina/ de bruxas en el Castrelo [10].
  • Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada [11]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Palmeira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Palmeira no concello de Ribeira (A Coruña)

Almansa | O Bacelo | A Bouciña | O Brañal | Branca | Callao | A Cambra | A Canle | A Carballa | O Carballal | Carolo | Chacín | Chimpín | O Cochón | O Cruceiro de Cruces | O Cruceiro de Marcos | Cudieiros | Figueirido | Insuela | A Lagoíña | O Lixó | A Lomba | O Miñoteiro | Modorróns | Mondelo | Mourelos | O Muíño Vello | Palmeira | A Pedriña | O Porto | A Revolta | As Robaleiras | A Rochela | Rosende | O Rueiro do Adro | O Rueiro do Porto | As Saíñas | San Pedro | Ventín

Parroquias de Ribeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clodio González Pérez; "O refraneiro do mar", en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 142.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 175. No texto: pol-a.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 178. No texto: pol-os.
  4. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel que ten tripas de polbo.
  6. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
  7. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
  8. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de Os oestrimnios..., de Cuevillas.
  9. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
  10. O único Castrelo que recolle o Nomenclátor na ría de Arousa é o do concello de Cambados. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: n-é.
  11. Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga non beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]