Celia Brañas y Fernández Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celia Brañas y Fernández Miranda en 1934

Celia Brañas y Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 foi unha científica galega. É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Celia Brañas naceu na Coruña o 20 de maio de 1880, filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado.[1] Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.[2] En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña,[1] no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]