Lar (Galicia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lar[1][2] foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou unha revista quincenal homónima entre 1924 e 1926. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Editábase na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño.

Cesou en 1927, dando paso á Editorial Nós.

Publicacións[editar | editar a fonte]

O Mariscal. 1926. Ediciós Lar.

No seu primeiro número, publicado en decembro de 1924, incluía a novela A miña muller, de Wenceslao Fernández Flórez.

No segundo número, publicado o 20 de decembro de 1924, incluía a novela O anarquista, de Leandro Pita Romero.

No terceiro número, publicado o 3 de xaneiro de 1925, incluía a novela O pastor de doña Silvia, de Aurelio Ribalta.

Posteriormente publicáronse as seguintes obras de novela curta:

A filla da patrona, 1926, Xuan Xesús González
O Vigairo, 1927, Xosé Filgueira Valverde

Amais, no eido do teatro: O corazón d'un pedáneo, de Leandro Carré Alvarellos e O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte; e no da poesía: No desterro de Ramón Cabanillas, entre outras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GEG: LAR, Editorial Editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 baixo a dirección de Leandro Carré Alvarellos e de Ánxel Casal...
  2. EGU: Lar PUBLIC Publicación literaria editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1924...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]