Enrique Peinador
Enrique Peinador | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento | 1880 |
Pontevedra | |
Falecemento | 19 de xuño de 1940 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario e filántropo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940[1], foi un empresario e filántropo galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi membro do Partido Galeguista, socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924.
Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.
Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu Vocabulario dos cesteiros de Mondariz, na revista Nós (1922).
En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Georgina Porrúa Moreno de Villar e foi pai de Enrique Peinador Porrúa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 20-6-1940, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Peinador ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Franco, Fernando; Ameneiro Bravo, María Celia (2006). Ir Indo, ed. Enrique Peinador Lines. Burgués, empresario, galeguista, mecenas e filántropo. Vigo. ISBN 84-7680-584-5.
- Gurriarán, Ricardo (2016). Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa, turismo e país (PDF).
- González Pérez, Clodio. Artigo "PEINADOR LINES, Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Franco, Fernando: Peinador Lines Fundación Mondariz Balneario