Circunscrición electoral da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de España (mazonado).svg
Circunscrición electoral da Coruña
Escudo de la provincia de A Coruña.svg

Localización de la provincia de La Coruña.svg
Capital A Coruña
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Área 7.950 km²
Poboación 1 126 707
Densidade de poboación 141,72 hab./km²
Concellos 93
Escanos 8 [1]
Xentilicio Coruñés, coruñesa

A Circunscrición electoral da Coruña é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir os representantes no Congreso dos Deputados. O da Coruña é un dos catro distritos que corresponden ás provincias galegas. Dentro da circunscrición, a cidade da Coruña é a máis grande e a única con máis de 100.000 votantes, tras esta Ferrol e Santiago de Compostela son as cidades máis poboadas.

Límites e sistema electoral[editar | editar a fonte]

O Artigo 68.1 da Constitución española de 1978 di o seguinte sobre os límites da circunscrición electoral:

A circunscrición electoral é a provincia. As poboacións de Ceuta e Melilla estarán representadas con cadanseu deputado. A lei distribuirá o número total de deputados, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición e distribuíndo os demais en proporción á súa poboación.
Constitución española de 1978

. Desde xeito, ós límites da circunscrición electoral da Coruña corresponden cos da Provincia da Coruña e segundo o Artigo 140[2] o sufraxio é de tipo universal, igual, directo e segredo.

O sistema utilizado consiste en listas cerradas e unha representación proporcional aos escanos obtidos segundo o Método D'Hondt. O artigo 12 da Constitución establece que a idade mínima para votar son 18 anos.

Elixibilidade[editar | editar a fonte]

O Artigo 67.3 [3] da Constitución española prohibe que o deputado pertenza ás Cortes Xerais e a unha Asemblea Rexional durante o mesmo mandato. Isto implica que se un candidato resulta elixido para Cortes debe abandonar o seu cargo anterior.

O Artigo 70 [3] establece que a lei electoral determinará as causas de inelixibilidade e incompatibilidade dos deputados e senadores, que comprenderán, en todo caso os compoñentes do Tribunal Constitucional, os altos cargos da Administración do Estado que determine a lei, coa excepción dos membros do Goberno, o Defensor do Pobo, os maxistrados, xuíces e fiscais en activo, os militares profesionais e membros das forzas e corpos de seguridade e policía en activo, os membros das xuntas electorais.

Pola súa parte, a validez das actas e credenciais dos membros de ambas as cámaras está sometida a control xudicial, nos termos que establece a lei electoral.

Repartición de escanos entre 1977–2015[editar | editar a fonte]

1977 1979 1982 1986 1989 1993 1996 2000 2004 2008 2011 2015 2016
Unión de Centro Democrático (UCD) 6 6 1
Centro Democrático y Social (CDS) 1 1
Partido Popular (PP) [4] 1 1 4 4 4 5 5 5 4 4 3 4
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 2 2 4 4 4 4 3 2 4 3 2 2 2
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 1 2 1 1 1
En Marea 2 2
Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's) 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ata 2004 eran 9.
  2. Artigo 140 Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine. A Constitución garante a autonomía dos municipios. Estes gozarán de personalidade xurídica plena. O seu goberno e administración correspóndelles ós seus respectivos concellos, integrados polos alcaldes e mailos concelleiros. Os concelleiros serán elixidos polos veciños do municipio mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, na forma establecida pola lei. Os alcaldes serán elixidos polos concelleiros ou polos veciños. A lei regulará as condicións nas que proceda o réxime de concello aberto.
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2013. Consultado o 05 de xaneiro de 2014. 
  4. Os datos inclúen os de Alianza Popular en 1982 e os de Coalición Popular en 1986

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros Artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]