Robert Burns Woodward
Robert Burns Woodward |
|||
|---|---|---|---|
Robert Burns Woodward, 1965. |
|||
| Nacemento | 10 de abril de 1917 Boston |
||
| Morte | 8 de xullo de 1979 Cambridge |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Robert Burns Woodward nado o 10 de abril de 1917 en Boston (EUA) e finado o 8 de xullo de 1979 en Cambridge (EUA) foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1965.
Índice |
Biografía [editar]
Fillo de inmigrantes británicos (Arthur Woodward de Inglaterra e Margaret Woodward de Glasgow, Escocia) estudou química no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde se licenciou en 1936 e doctorouse en 1937. Posteriormente realizou unha tese postdoctoral na Universidade de Illinois, e a partir de 1950 foi profesor de química e catedrático na Universidade Harvard.
Woodward faleceu na súa residencia de Cambridge vítima dun infarto de miocardio.
Investigacións científicas [editar]
Interesado na síntese química de substancias orgánicas, conseguiu sintetizar a quinina en 1944, o colesterol e a cortisona en 1951, a estricnina en 1954, a reserpina en 1956 e a vitamina B12 en 1971. Tamén conseguiu reproducir nun laboratorio a molécula da clorofila, o pigmento responsable da cor verde das plantas.
En 1965 foille concedido o Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de materiais naturais.
En 1959 foi galardoado coa Medalla Davy pola Royal Society.
Os seus traballos teóricos inclúen a súa colaboración con Roald Hoffmann, con quen realizou estudos dos mecanismos de reacción dos produtos químicos, instaurando a regra Woodward-Hoffmann.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1965 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1965 (en inglés)
| Predecesor: Dorothy Crowfoot Hodgkin |
Premio Nobel de Química 1965 |
Sucesor: Robert S. Mulliken |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||