Robert Bruce Merrifield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Robert Bruce Merrifield
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Nacemento 15 de xullo de 1921
Fort Worth, Texas Flag of the United States.svg Estados Unidos
Morte 14 de maio de 2006
Cresskill, New Jersey
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Campo
Alma mater
Coñecido por

Robert Bruce Merrifield nado o 15 de xullo de 1921 en Fort Worth, Texas (EUA) e finado o 14 de maio de 2006 en Cresskill, New Jersey foi un bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1984.

Traxectoría [editar]

Estudou química na Universidade de California dos Ánxeles. En 1949 foi nomeado investigador auxiliar da Escola Médica e Docente do Universidade Rockefeller, cargo que ostentou ata 1966, a partir daquel momento ocupou a cátedra de bioquímica nesta mesma institución.

Merrifield morreu en Cresskill, poboación situada no estado de Nova Jersey, a consecuencia dunha longa enfermidade.

Investigacións científicas [editar]

Inicialmente realizou traballos na investigación das pirimidinas, especialmente na investigación dun método de cuantificación. Durante a súa estancia no Instituto Rockefeller realizou traballos sobre a síntese química dos péptidos na fase sólida de moléculas de aminoácidos e proteínas.

En 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método simplificado e práctico de producir péptidos e proteïnas.

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Henry Taube
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1984
Sucesor:
Herbert A. Hauptman
e
Jerome Karle