Heinrich Otto Wieland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Heinrich Otto Wieland
Heinrich Wieland.jpg
Heinrich Otto Wieland
Nacemento 4 de xuño de 1877
Pforzheim Baden-Württemberg Alemaña Alemaña
Morte 5 de agosto de 1957
Múnic Alemaña Alemaña
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Campo Química
Alma mater Universidade de Múnic
Cónxuxe Josephine Bartmann (1908)
Director tese Johannes Thiele
Coñecido por composición do Ácido biliar

Heinrich Otto Wieland nado en Pforzheim, Baden, (Alemaña) o 4 de xuño de 1877 e finado en Múnic, o 5 de agosto de 1957) foi un químico alemán. Foi galardoado co premio Nobel de Química do ano 1927.

Índice

Biografía [editar]

Estudou química nas universidades de Berlín, Múnic e Stuttgart. En 1917 sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor de química da de Universidade de Múnic e ensinou química orgánica nas de Friburgo e Múnic (1925-1953).

Investigacións científicas [editar]

Formulou a teoría da deshidroxenación e explicou a constitución de moitos produtos de natureza completa, como a pteridina, as hormonas sexuais e os glucósidos da dixital, e tamén dalgúns alcaloides.

Así mesmo realizou estudos complexos sobre os ácidos biliares.

En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a composición dos acedos biliares. O premio foi anunciado o 13 de novembro de 1928, sendo entregado o 10 de decembro daquel mesmo ano en Estocolmo.

Activismo social [editar]

Wieland tratou exitosamente de protexer ás persoas, especialmente aos estudantes xudeus, que foron "restrinxidos racialmente" tras as leis de Núremberg. Os estudantes que eran expulsados debido a isto, podían permanecer no grupo de Heinrich Wieland como químicos ou como "Gäste deas Geheimrats" (invitados do consello privado).

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Theodor Svedberg
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1927
Sucesor:
Adolf Otto Reinhold Windaus