Geoffrey Wilkinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geoffrey Wilkinson
Geoffrey Wilkinson ca. 1976.png
Datos persoais
Nacemento 14 de xullo de 1921
Lugar Todmorden Reino Unido Reino Unido
Falecemento 26 de setembro de 1996
Lugar Londres Reino Unido Reino Unido
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Reino Unido Reino Unido
Nacionalidade inglés
Etnia
Cóncuxe
  • Lise Sølver
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Geoffrey Wilkinson, nado o 14 de xullo de 1921 en Todmorden, Inglaterra e finado o 26 de setembro de 1996 en Londres, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1973.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou química na Universidade de Londres, onde se graduou en 1941, e onde en 1955 foi nomeado profesor de química inorgánica.

En 1976 foille concedida a distinción de sir por parte da raiña Isabel II do Reino Unido.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1942 o profesor Friedriech A. Paneth recrutaba químicos mozos para o proxecto da enerxía nuclear. Wilkinson entrou na selección e foi enviado a Canadá, onde permaneceu nos Laboratorios de Chalk River en Montreal ata 1946.

Posteriormente traballou xunto a Glenn Theodore Seaborg na Universidade de Berkeley en California, realizando estudos de taxonomía nuclear, e despois foi nomeado profesor asociado no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts onde iniciou a súa investigación sobre os compostos organometálicos dos metais de transición como o monóxido de carbono e os alquenos. Mediante a utilización de espectros de difracción de raios X conseguiu atopar a constitución destes compostos, demostrando como estes contiñan un átomo de ferro encerrado entre dous aneis de ciclopentadieno paralelos, hoxe en día chamados ferroceno.

Durante a súa curta estancia na Universidade Harvard realizou investigacións sobre as funcións da excitación dos protones no cobalto.

O 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico alemán Ernst Otto Fischer, polos seus traballos sobre compostos organometálicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Stanford Moore,
Christian Anfinsen
e William Howard Stein
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1973
con
Ernst Otto Fischer
Sucesor:
Paul J. Flory