Roger Y. Tsien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger Y. Tsien
Roger Tsien-press conference Dec 07th, 2008-2.jpg
Roger Y. Tsien
Datos persoais
Nacemento 1 de febreiro de 1952 (62 anos)
Lugar Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estado unidense
Etnia
Cóncuxe
  • Wendy Globe Tsien
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Roger Yonchien Tsien (en chinés tradicional 錢永健; en chinés simplificado 钱永健; en pinyin Qián Yǒngjiàn) nado o 1 de febreiro de 1952 en Nova York (Estados Unidos) é un bioquímico estadounidense, de orixe chinesa, profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de San Diego. No ano 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, por «o seu descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde», xunto ao tamén estadounidense Martin Chalfie, e ao xaponés Osamu Shimomura. O premio, de 10 millóns de coroas suecas (1,4 millóns de dólares ou 1,03 millóns de euros) repartirase entre os tres por partes iguais.[1][2]

Segundo o comunicado de prensa da Real Academia das Ciencias de Suecia en Estocolmo, o profesor Tsien "estendeu a paleta de cores máis aló do verde, o cal permite aos investigadores dar ás proteínas e células diferentes cores, para seguir varios procesos biolóxicos ao mesmo tempo." O propio Tsien declarou, en conferencia telefónica tras a noticia da adxudicación do Premio Nobel de Química 2008, que el non se considera un científico chinés: "Crieime nos Estados Unidos e desde entón pasei a miña vida aquí. Pero, se lles serve ás persoas en China, espero que o premio inspire a estudantes e científicos alá.[3]

Formación[editar | editar a fonte]

Roger Y. Tsien naceu en Nova York, aínda que creceu en Livingston (Nova Jersey). O seu pai era enxeñeiro mecánico, e os seus tíos por parte de nai eran profesores de enxeñería no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. Tsien, que se considera a si mesmo enxeñeiro molecular, dixo nunha ocasión: «estou facultado pola miña herdanza para desenvolver este tipo de traballo».[4]

Tsien sufría de asma de pequeno, polo que pasaba gran parte do seu tempo en casa. Así, dedicaba longas horas a experimentos químicos no seu laboratorio do soto. Con dezaseis anos gañou o primeiro premio da Intel Science Talent Search, competición a nivel nacional nos Estados Unidos para estudantes de secundaria, cun proxecto sobre como os metais se unen ao tiocianato.[5]

Estudou na Universidade Harvard, graduándose cun Bachelor of Science en física e química en 1972. Graduouse con summa cum laude. Tras a súa titulación uniuse ao Laboratorio Fisiolóxico da Universidade de Cambridge, Inglaterra, en 1977, e traballou como investigador no Gonville and Caius College ata 1981.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Gerhard Ertl
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2008
con
Martin Chalfie e Osamu Shimomura
Sucesor:
Venkatraman Ramakrishnan,
Thomas A. Steitz
e
Ada Yonath,