Hans Fischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Fischer
Hans Fischer (Nobel).jpg
Hans Fischer
Datos persoais
Nacemento 27 de xullo de 1881
Lugar Frankfurt Alemaña Alemaña
Falecemento 31 de marzo de 1945
Lugar Múnic Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe
  • Wiltrud Haufe (1935)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Química
Alma mater Universidade de Lausana
Universidade de Marburg
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Hermann Emil Fischer
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por síntese da bilirrubina e da hemina
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Hans Fischer, nado en Frankfurt (Alemaña) o 27 de xullo de 1881 e finado en Múnic o 31 de marzo de 1945, foi un químico, médico e profesor universitario alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Eugen Fischer, director da compañía Kalle & Co, de Wiesbaden, e profesor na Escola Técnica de Stuttgart, e Anna Herdegen. Foi á escola primaria en Stuttgart, matriculándose en 1899 en Gymnasium de Wiesbaden. Estudou química e medicina, primeiro na Universidade de Lausana e posteriormente na Universidade de Marburg. Graduose en 1904 e en 1908 obtivo o doutoramento.

Primeiramente traballou na Clínica Médica de Múnic e despois no Primeiro Instituto Químico de Berlín, con Hermann Emil Fischer. Volveu a Múnic en 1911 e obtivo praza de profesor de medicina interna un ano máis tarde. En 1913 chegou a ser profesor de fisioloxía no Instituto Fisiolóxico de Múnic. In 1916 obtivo praza como profesor de química médica na Universidade de Innsbruck e de aí pasou á Universidade de Viena en 1918. Desde 1921 ata a súa morte tivo praza de profesor de química orgárnica no Technische Hochschule en Múnic.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

O traballo científico de Fischer estaba principalmente relacionado coa investigación dos pigmentos do sangue, a bile e tamén a clorofila das follas, así como a química das porfirinas, dos que derivan eses pigmentos. De especial importacia foi a síntese da bilirrubina e da hemina, un dos compoñentes da hemoglobina.

Recibiu moitas honras por estes traballos, incluído o premio Nobel de Química co que foi galardoado en 1930 polos seus traballos na composición estrutural da clorofila e do sangue así como pola síntese da hemina e a bilirrubina.

Os seus numerosos traballos foron publicados en Liebigs Annalen der Chemie e en Hoppe-Seylers Zeitschrift für physiologische Chemie, destacando Die Chemie deas Pyrrols.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1930
Sucesor:
Carl Bosch e Friedrich Bergius