Yves Chauvin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Yves Chauvin
Image of none.svg
Non dispoñemos de imaxe
Nacemento 10 de outubro de 1930 (82 anos)
Menen Bélxica Bélxica
Nacionalidade francesa
Campo
Alma mater
  • Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lyon
Coñecido por

Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 é un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Índice

Traxectoria [editar]

De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lyon, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.

En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.

Investigacións científicas [editar]

Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Aaron Ciechanover,
Avram Hershko
e
Irwin Rose
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2005
con
Robert H. Grubbs,
Richard R. Schrock
Sucesor:
Roger D. Kornberg