Richard Martin Willstätter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Martin Willstätter
Richard Willstätter.jpg
Richard Willstätter
Datos persoais
Nacemento 13 de agosto de 1872
Lugar Karlsruhe, Baden Alemaña Alemaña
Falecemento 3 de agosto de 1942
Lugar Locarno Suíza Suíza
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Química física
Alma mater Universidade de Múnic
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Alfred Einhorn
Adolf von Baeyer
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Química orgánica
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1915)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Richard Martin Willstätter, nado en Karlsruhe (Baden) o 13 de agosto de 1872 e finado en Muralto (Distrito de Locarno, Suíza), o 3 de agosto de 1942, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1915.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Múnic, na que obtivo o seu doutoramento en 1894 polo seu traballo sobre a estrutura da cocaína. Exerceu como profesor asistente de química orgánica nesa universidade (1902-1905), traballando ás ordes de Adolf von Baeyer en Múnic, mentres continuou investigando sobre a estrutura dos alcaloides, sintetizando varios deles.

Entre 1905 e 1912 foi profesor na Universidade de Zürich, comezando a traballar sobre a clorofila. Descubriu a súa estrutura así como a similitude entre esta e a hemoglobina da sangue. Foi profesor da Universidade de Berlín (1912-1915) (onde as súas investigacións revelaron a estrutura de moitos pigmentos de flores e plantas) e director do Instituto Kaiser Wilhelm (1912-1916). Cando a I Guerra Mundial interrompeu as súas investigacións, xunto con Fritz Haber dedicou a súa atención ao desenvolvemento dunha máscara antigás.

En 1916 Willstatter sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor en Múnic. Durante a década de 1920 investigou os mecanismos das reaccións das enzimas, chegando á conclusión de que as enzimas son sustancias químicas e non organismos biolóxicos. Consideraba as encimas como non-proteínas, teoría sostida ata 1930.

Sendo xudeu, en 1924 dimitiu do seu posto en Múnic como protesta polas presións antisemitas. Continuou os seus traballos de forma privada, primeiro en Múnic e, desde 1939, en Suíza.

En 1915 foi galardoado co premio Nobel de Química polas súas investigacións no campo dos pigmentos vexetais, especialmente a clorofila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Theodore William Richards
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1915
Sucesor:
Fritz Haber