Kurt Wüthrich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurt Wüthrich
Kurt-Wuethrich.jpg
Kurt Wüthrich

dando unha conferencia no Forum Europeo de 2005 celebrado en Alpbach, Austria

Datos persoais
Nacemento 4 de outubro de 1938 (75 anos)
Lugar Aarberg Suíza Suíza
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Suíza Suíza
Nacionalidade suízo
Etnia
Cóncuxe
  • Marianne Briner
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
  • Silvio Fallab
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Kurt Wüthrich nado o 4 de outubro de 1938 en Aarberg, Suíza é un químico galardoado co premio Nobel de Química no ano 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudiou Química, Física e Matemática na Universidade de Berna antes de conseguir o seu Ph.D. baixo a dirección de Silvio Fallab na Universidade de Basilea, outorgado en 1964. Continuou o seu traballo postdoctoral con Fallab durante un breve tempo antes de deixalo para traballar na Universidade de California, Berkeley de 1965 a 1967 con Robert E. Connick. A isto seguiulle un período de traballo con Robert G. Shulman nos Laboratorios Bell en Murray Hill, Nova Jersey (1967-1969).

Wüthrich volveu a Zúric (Suíza), en 1969, onde comezou a súa carreira na Escola Politécnica Federal de Zúric, chegando a Profesor de Biofísica en 1980. Actualmente mantén un laboratorio alí, aínda que o seu cargo está en The Scripps Research Institute, en La Jolla, California.

Traballo científico[editar | editar a fonte]

Durantes os seus estudos de gradación Wüthrich comezou a traballar coa espectroscopia de resonancia paramagnética electrónica e o tema da súa tese Ph.D. foi "a actividade catalítica dos compostos de cobre nas reaccións de autooxidación". Durante o seu tempo como un investigador postdoctoral na Berkeley comezou a traballar coa técnica relacionada recentemente desenvolvida da espectroscopia de resonancia magnética nuclear para estudar a hidratación dos complexos metais. Cando Wüthrich uniuse aos Laboratorios Bell, foi posto a cargo dun dos primeiros espectrómetros de RMN superconductores, e comezou estudando a estrutura e dinámica das proteínas. El perseguiu esta liña de investigación desde entón.

Logo de volver a Suíza, Wüthrich colaborou co premio Nobel Richard R. Ernst en desenvolver os primeiros experimentos de RMN en duas dimensións, e estableceu o efecto nuclear Overhauser como un xeito conveniente de medir distancias dentro das proteínas. Esta investigación máis tarde levou á asignación completa de resonancias para o inhibidor pancreático de tripsina bovino e o glicagón.

Foi premiado con parte do Premio Nobel de Química en 2002 polo seu liderado no traballo en curso, comezado nos anos 70, sobre o uso da espectroscopia de resonancia magnética nuclear multidimensional para estudar a estrutura das proteínas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2002
con
John Fenn e Koichi Tanaka
Sucesor:
Peter Agre
e
Roderick MacKinnon