Carl Bosch
Carl Bosch |
|||
|---|---|---|---|
Carl Bosch |
|||
| Nacemento | 27 de agosto de 1874 Colonia |
||
| Morte | 26 de abril de 1940 Heidelberg |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | alemán | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Carl Bosch nado o 27 de agosto de 1874 en (Colonia (Alemaña) e finado o 26 de abril de 1940) en Heidelberg (Alemaña) foi un químico e enxeñeiro alemán. Premio Nobel de Química en 1931.
Índice |
[editar] Biografía
Estudou no Instituto Politécnico de Charlottenburgo (hoxe Universidade Técnica de Berlín) e, a partir de 1892, na Universidade de Leipzig dond licenciouse en 1898.
En 1919 ocupou a dirección xeral de BASF. En 1925 foi un dos fundadores da empresa IG Farbenindustrie, importante grupo de empresas químicas alemás resultado da fusión de BASF, Agfa e Hoechst, do que logo sería director xeneral entre 1935 e 1940.
Bosch morreu o 26 de abril de 1940 na cidade de Heidelberg, situada no estado de Baden-Württemberg.
En 1899 comezou a traballar en BASF, entre 1908 e 1913 desenvolveu con Fritz Haber o proceso Haber-Bosch de síntese do amoníaco a partir de hidróxeno e nitróxeno sometidos a altas presións. Este método permitiu empregar gas amoníaco na fabricación dos estercos artificiais, que tanta influencia terían no desenvolvemento da agricultura en todo o mundo. Despois da Primeira Guerra Mundial traballou na síntese do petróleo e o metanol con procedementos de química de alta presión. En 1925, Bosch foi un dos fundadores de IG Farben e dende 1935 director xeral.
En 1931 foille outorgado o premio Nobel de Química, compartido con Friedrich Bergius, polo descubrimento e desenvolvemento do método de síntese química a alta presión.
[editar] Recoñecementos
Na súa honra bautizouse o asteroide (7414) Bosch descuberto o 13 de outubro de 1990 por Lutz D. Schmadel e Freimut Börngen.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1931 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Carl Bosch en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Hans Fischer |
Premio Nobel de Química 1931 con Friedrich Bergius |
Sucesor: Irving Langmuir |