Eduard Buchner
| Eduard Buchner | |||
|---|---|---|---|
Eduard Buchner |
|||
| Nacemento | 20 de maio de 1860 Múnic |
||
| Morte | 12 de agosto de 1917 Focsani |
||
| Residencia | Alemaña | ||
| Nacionalidade | alemá | ||
| Campo | Bioquímica | ||
| Alma mater | Universidade de Munich | ||
| Cónxuxe | Lotte Stahl | ||
| Director tese | Otto Fischer Adolf von Baeyer |
||
| Coñecido por | Reacción de Mannich | ||
|
|||
Eduard Buchner (20 de maio de 1860, Múnic - 12 de agosto de 1917), Focsani (Romanía), foi un químico alemán, galardoado co premio Nobel de Química en 1907.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo dun médico e profesor de medicamento forense, comezou os seus estudos de química en 1884 con Adolf von Baeyer e botánica con Karl Wilhelm von Nägeli no Instituto de Botánica de Munich. Tras un período en que traballou con Otto Fischer en Erlangen, obtivo o doutoramento pola Universidade de Munich en 1888. Desde 1893 foi sucesivamente profesor das de Kiel, Tubinga, Berlín, Breslau e Wurzburgo.
Casou con Lotte Stahl en 1900.
Durante a I Guerra Mundial serviu nun hospital de campaña en primeira liña. Foi ferido o 3 de agosto de 1917 e morreu a consecuencia de ditas feridas nove días despois.
En 1897, Eduard descubriu que os extractos de lévedo podían fermentar o azucre ata alcohol e probou que os enzimas implicados na fermentación alcóholica continuaban a funcionar mesmo cando se eliminaban as células vivas.
[editar] Investigacións científicas
En 1907 recibiu o premio Nobel de Química polo seu descubrimento da fermentación (en concreto sobre a fermentación alcohólica) en ausencia de células vivas. Con este experimento demostrou que a fermentación alcohólica débese á acción dunhas encimas chamadas cimasas e non á simple acción fisiológica das células do fermento.
Escribiu sobre os seus descubrimentos acerca da fermentación na obra Die Zymasegährung (1903), escrita en colaboración co seu irmán Hans.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1907 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1907 (en inglés)
- Perfil de Eduard Buchner en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Henri Moissan |
Premio Nobel de Química 1907 |
Sucesor: Ernest Rutherford |