Richard Adolf Zsigmondy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Adolf Zsigmondy Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Nacemento 1 de abril de 1865
Lugar Viena, Imperio austríaco
Falecemento 23 de setembro de 1929
Lugar Göttingen, Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Austríaco
Etnia Húngara
Cóncuxe Laura Luise Müller (1903)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Química
Alma mater Universidade Técnica de Viena
Universidade de Munich
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Wilhelm von Miller
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por August Kundt
Influíu en {{{influíu}}}
Premios Premio Nobel de Química (1925)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zsigmondy naceu de Irma von Szakmary e Adolf Zsigmondy Sr., quén fora un científico e inventara instrumentos cirúrxicos no campo da odontoloxía. Creceu coa súa nai tras a temperá morte do seu pai en 1880 e recibiu unha extensa educación mentres á vez gozaba de afeccións como a escalada e o montañismo cos seus irmáns. No instituto desenvolveu un interese nas ciencias naturais, especialmente en química e física, e comezou a realizar experimentos no seu propio laboratorio en casa.

A súa carreira académica comezou na facultade de medicina da Universidade de Viena, pero pronto se cambiou á Universidade Técnica de Viena e máis tarde á Universidade de Múnic para estudar química. En Múnic o seu profesor foi von Miller, e foi onde comezou a súa carreira científica en investigación. Volveu a Austria en 1893 para traballar como un asistente do profesor en Graz. Durante o seu traballo en Graz completou o seu traballo de investigación máis destacado, o traballo na química dos coloides (un tipo de vidro coloreado).

A súa carreira científica continuou en Göttingen, Alemaña, como profesor de química, onde permaneceu o resto da súa carreira profesional. En 1925 Zsigmondy recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre os coloides durante o seu tempo en Graz.

Morreu só uns poucos anos logo da súa xubilación en 1929 en Göttingen.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O cráter Zsigmondy na lúa chámase así na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Premio Nobel de Química

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Fritz Pregl
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1925
Sucesor:
Theodor Svedberg