Wilhelm Ostwald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Ostwald
Wilhelm Ostwald.jpg
Wilhelm Ostwald
Datos persoais
Nacemento 2 de setembro de 1853
Lugar Riga
Flag of Russian Empire for private use (1914–1917) 3.svg Imperio Ruso
Falecemento 4 de abril de 1932
Lugar Leipzig Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemala
Nacionalidade alemá
Etnia
Cóncuxe Helene von Reyher (desde 1880)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Química
Alma mater Universidade de Dorpat
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Carl Schmidt
Alumnos tese Arthur Amos Noyes
Georg Bredig
Paul Walden
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Proceso Ostwald
Viscosímetro Ostwald
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1909)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Friedrich Wilhelm Ostwald (letón: Vilhelms Ostvalds); nado en Riga (Imperio Ruso) o 2 de setembro de 1853, e finado en Grossbothen (Alemaña) o 3 de abril de 1932, foi un químico, profesor universitario e filósofo alemán, premio Nobel de Química en 1909.


Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 2 de setembro de 1853 na cidade de Riga, que naqueles momentos formaba parte do Imperio Ruso, e hoxe en día é a capital de Letonia, nunha familia de alemáns do Báltico.

Cursou estudos na Universidade de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu), graduándose en 1875. Traballou como profesor en devandito centro ata 1881. De 1881 a 1887 foi profesor do Instituto Politécnico de Riga. En 1887 trasladouse á Universidade de Leipzig como profesor de química-física. Alí fundou o Instituto Ostwald, primeiro instituto dedicado ao estudo da físico-química, que dirixiu ata a súa xubilación en 1906.

Ostwald interesouse grandemente na idea da adopción dunha lingua auxiliar internacional, aprendendo primeiro Esperanto, pero posteriomente interesandose na reforma deste, Ido, movemento ao que doou parte do diñeiro obtido ao gañar o premio Nobel e traducindo parte da súa obra a devandito idioma.

Ostwald faleceu en Grossbothen, preto de Leipzig, o 3 de abril de 1932.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Formulou a lei de Ostwald que rexe os fenómenos de disociación nas disolucións de electrolitos. En 1900 descubriu un procedemento de preparación do ácido nítrico por oxidación do amoníaco, facilitando a produción en masa de fertilizantes e de explosivos por Alemaña durante a I Guerra Mundial. Ideou un viscosímetro que se segue utilizando para medir a viscosidad das disolucións.

Elaborou unha nova teoría da cor, defendendo a normalización das cores e creando en Dresde un laboratorio destinado ao seu estudo en 1920. Destacou, ademais, como escritor e editor científico. No campo da filosofía merece mencionarse a doutrina enerxética que elaborou e que intenta explicar a maioría dos fenómenos en función da súa enerxía física.

Entre as súas obras destacan Filosofía natural (1902) e Ciencia da cor (1923).

Obtivo o premio Nobel de Química en 1909 polas súas investigacións sobre a catálisis, os principios fundamentais que gobernan os equilibrios químicos e a velocidade de reacción e o equilibrio químico.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ernest Rutherford
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1909
Sucesor:
Otto Wallach