Richard Laurence Millington Synge
Richard Laurence Millington Synge |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 28 de outubro de 1914 Liverpool |
||
| Morte | 28 de marzo de 1982 Norwich |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | inglés | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Coñecido por | |||
| Influído por |
|
||
|
|||
Richard Laurence Millington Synge nado en Liverpool (Merseyside) o 28 de outubro de 1914 e finado en Norwich (Norfolk) o 18 de agosto de 1994, foi un bioquímico británico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou física, química e fisioloxía na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en 1936. Desenvolveu as súas investigacións científicas en empresas privadas, entre 1941 e 1943 na Wool Industries Research Association de Leeds, entre 1943 e 1948 no Instituto de Medicina Preventiva de Londres, entre 1948 e 1967 no Instituto de Investigación Rowett de Aberdeen, e entre 1968 e 1976 no Food Research Institute de Norwich.
Investigacións científicas [editar]
Durante a súa mocidade estudou e traballou na Universidade de Cambridge e xunto a Archer John Porter Martin, introduciu o método de análise cromatográfico chamado de repartición sobre papel, o cal posibilita a separación dos aminoácidos das proteínas da materia viva.
Entre 1942 e 1948 estudou os péptidos do grupo proteínico da gramicidina, traballo utilizado posteriormente por Frederick Sanger na determinación da estrutura da insulina.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Archer J. P. Martin, para a invención da cromatografía de partición.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1952 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |
Premio Nobel de Química 1952 compartido con Archer John Porter Martin |
Sucesor: Hermann Staudinger |