Harold Walter Kroto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Harold Walter Kroto
Harold Kroto 1c389 8471.sweden.jpg
Harold Walter Kroto
Nacemento 7 de outubro de 1939 (73 anos)
Wisbech Reino Unido Reino Unido
Residencia Reino Unido Reino Unido
Nacionalidade britanico
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Margaret Henrietta Hunter
Coñecido por
Relixión xudeu

Harold Walter Kroto ou Harold Krotoschiner nado o 7 de outubro de 1939) en Wisbech, Inglaterra é un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus polacos e alemáns que fuxiron da Alemaña nazi na década de 1930. Logo de estudar primaria na cidade de Bolton, estudou física, química e matemáticas na Universidade de Sheffield, onde se graduó en 1961 e doctorou en química en 1964.

Despois realizou estudos postdoctorales en Canadá e nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, desde 1967 é profesor de química na Universidade de Sussex. En 1990 foi nomeado membro da Royal Society de Londres e en 1996 foi nomeado sir por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.

Investigacións científicas [editar]

Interesado tanto na química orgánica como na inorgánica, desenvolveu no Laboratorio de Química da Universidade de Sussex investigacións sobre unha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, grazas á síntese química dos fulerenos descubertos en 1988 polos químicos estadounidenses Robert Curl e Richard Smalley. Estas estruturas, compostas por dous átomos de carbono, poden ser aproveitadas, grazas ás súas excepcionais propiedades de estabilidade, na fabricación de materiais resistentes a altas temperaturas, e ata como sustitutivos do silicio nos chips.

En 1996 foi galardoado, xunto a Curl e Smalley, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.

En 2004 foille entregada a Medalla Copley pola Royal Society.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]


Predecesor:
Paul J. Crutzen,
Mario J. Molina
e
Frank Sherwood Rowland
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1996
con
Robert Curl
e Richard Errett Smalley
Sucesor:
Paul D. Boyer,
John E. Walker
e
Jens Christian Skou