Arthur Harden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Harden Nobel prize medal.svg
ArthurHarden.jpg
Arthur Harden
Datos persoais
Nacemento 12 de outubro de 1865
Lugar Manchester Reino Unido Reino Unido
Falecemento 17 de xuño de 1940
Lugar Bourne End, Buckinghamshire Reino Unido Reino Unido
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Reino Unido Reino Unido
Nacionalidade inglés
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]


Sir Arthur Harden, nado en Manchester (Inglaterra) o 12 de outubro de 1865 e finado en Bourne End, Buckinghamshire o 17 de xuño de 1940, foi un bioquímico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1929.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi educado nunha escola privada e no Tettenhall College, Staffordshire. Entrou no Owens College da Universidade de Manchester en 1882, onde se graduó en 1885. En 1886 gañou a bolsa Dalton de Química e pasou un ano traballando con Henry Enfield Roscoe en Erlangen. Volveu a Manchester como lector e demostrador, e permaneceu ata 1897, cando foi nomeado químico do recentemente fundado Instituto Británico de Medicina Preventiva, que máis tarde pasaría a chamarse Instituto Lister. En 1907 foi nomeado director do departamento de bioquímica, posto que mantivo ata a súa xubilación en 1930, continuando o seu labor investigador no Instituto logo do seu retiro.

Foi membro da Royal Society de Londres, e en 1936 o rei Eduardo VIII do Reino Unido concedeulle o título de cabaleiro do Imperio Británico (sir).

En 1935 recibiu a medalla Davy da Royal Society e recibiu numerosos nomeamentos de Doutor honoris causa.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

As súas investigacións máis importantes refírense aos procesos químicos que teñen lugar na fermentación dos azucres polas células dos fermentos. Descubriu un procedemento de aceleración na fermentación engadindo fosfatos inorgánicos, e estudou a acción da luz nas mesturas de dióxido de carbono e cloro.

En 1929 foi galardoado co premio Nobel de Química, compartido con Hans von Euler-Chelpin, polas súas investigacións na fermentación de azucres mediante encimas.

Entre 1913 e 1937 foi codirector do Biochemical Journal. Entre os seus libros destaca Alcoholic Fermentation (1911).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Adolf Otto Reinhold Windaus
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1929
con
Hans von Euler-Chelpin
Sucesor:
Hans Fischer