Manfred Eigen
Manfred Eigen |
|||
|---|---|---|---|
Göttingen 1996 |
|||
| Nacemento | 9 de maio de 1927 (86 anos) Bochum Renania do Norte-Westfalia |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | alemán | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por | |||
|
|||
Manfred Eigen, nado en Bochum (Renania do Norte-Westfalia) o 9 de maio de 1927, é un físico e químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.
Índice |
Traxectoria [editar]
En 1945 iniciou os seus estudos de física e química na Universidade de Gotinga, onde se doctorou en 1951. Actualmente é membro da Academia de Ciencias Francesa.
Investigación científica [editar]
O 1953 ingresou no Instituto Max Planck e iniciou os seus traballos de cinética química, desenvolvendo o seu método do salto de temperatura para alterar os equilibrios químicos, e que consiste nun rápido arrequecemento da mostra mediante a descarga dun condensador.
En 1967 foi galardoado, xunto cos ingleses Ronald George Wreyford Norrish e George Porter, co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as reaccións químicas rápidas, causadas por destrución do equilibrio químico provocado por un rápido impulso enerxético.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 (en inglés).
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967 (en inglés)
| Predecesor: Robert S. Mulliken |
Premio Nobel de Química 1967 con Ronald George Wreyford Norrish e George Porter |
Sucesor: Lars Onsager |