Nikita Khrushchev
| Nikita Khrushchev | |||
|---|---|---|---|
|
Ники́та Серге́евич Хрущёв |
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 15 de abril de 1894 | ||
| Lugar: | Kalínkova, Kursk (Ucraína), Imperio Ruso |
||
| Falecemento: | 29 de agosto de 1971 | ||
| Lugar: | Moscova, RSSF de Rusia, URSS |
||
| Organización: | Partido Comunista da Unión Soviética | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Secretario Xeral do PCUS Presidente do Consello de Ministros da URSS |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Nikita Sergeievich Khrushchev (en ruso: Ники́та Серге́евич Хрущёв, tamén transcrito como Khruschov, Kruschov ou Kruschev), nado en Kalínkova, Kursk, Rusia o 15 de abril de 1894 e falecido en Moscova o 29 de agosto de 1971, foi o máximo dirixente da Unión Soviética entre os anos 1953 e 1964.
Índice |
Primeiros anos [editar]
Nacido na rexión agrícola de Kursk nunha familia campesiña pobre, emigrou cos seus pais á actual Donetsk (Ucraína), abandonando o campo por traballos fabrís. Khrushchev comezará traballando na limpeza interior de grandes caldeiras e traballará tamén como obreiro axustador, un traballo cualificado que estaba ben pagado e que lle serviu para conseguir a exención do servizo militar na Primeira Guerra Mundial.
Inicios políticos [editar]
Khrushchev participou na Revolución Bolxevique de 1917 e loitou no Exército Vermello durante a Guerra Civil que a seguiu (1918-20). Despois do triunfo da revolución, fixo carreira política no Partido Comunista ucraíno até chegar a ser o primeiro secretario da rexión de Moscova (1935-38) e da República de Ucraína (1938-49). Neste último cargo levou unha política contraria ao nacionalismo ucraíno e organizou a anexión dos territorios gañados por Ucraína en función da repartición de Polonia entre o III Reich e a Unión Soviética.
Segunda Guerra Mundial [editar]
Durante a Segunda Guerra Mundial, dirixiu a fronte política de resistencia contra a invasión alemá como Comisario Político (zampolit), con rango de Tenente Xeneral. Tras a queda de Kiev, foi chamado a Moscova e desde alí foi enviado a Stalingrado, onde se destacou especialmente como Comisario Xefe do NKVD na batalla de Stalingrado. Posteriormente, participou na batalla de Kursk e na liberación de Kiev, onde tamén foi empregado na represión dos nacionalistas do Exército Insurxente Ucraíno, que combatera a carón das tropas nazis contra o Exército Vermello.
Distanciamento do stalinismo [editar]
En función da súa grande proximidade a Stalin, Khrushchev conseguiu sobrevivir a todas as purgas stalinistas e, en 1949 regresa a Moscova, onde comeza a destacar como especialista do Comité Central do PCUS en cuestións agrícolas. O seu papel a carón de Stalin foi recoñecido publicamente e, tras súa a morte en 1953, foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, compartindo o poder cunha dirección colexiada do Presidium do Partido. De vagar, Khrushchev apareceu como líder dunha corrente renovadora disposta a romper co pasado stalinista. Nesa liña, apartou do goberno o Ministro do Interior e representante da liña stalinista Lavrenti Beria, e a mala marcha da economía permitiulle tamén prescindir do seu rival, o Primeiro Ministro Georgi Malenkov en 1955. A dimisión do novo Primeiro Ministro Nikolai Bulganin en 1958 permitiu a Khrushchev concentrar persoalmente a dirección do Estado e do Partido.
Antes diso, en 1956 defendeu perante o XX Congreso do PCUS un informe que denunciaba os erros e os crimes da época de Stalin, o culto á personalidade e o dogmatismo ideolóxico, considerándoos contrarios ao marxismo-leninismo, o que tivo unha forte repercusión do movemento comunista internacional e motivou a expulsión do partido dalgúns dos continuadores teóricos da era staliniana, até que en 1961, o XXII Congreso do PCUS condenou oficialmente Stalin.
Política [editar]
Khrushchev orientou a súa política nun sentido liberalizador, aínda que manténdose dentro do que os seus críticos consideraban a ortodoxia comunista. Así, aínda que impulsou a reconciliación coa Iugoslavia de Tito, tamén interviu militarmente para esmagar a revolta anti-comunista de Hungría (1956) e rompeu as relacións coa República Popular da China durante o mandato de Mao Tse Tung (1961). Por outra banda, acuñou a doutrina coñecida co nome de Coexistencia pacífica co bloque capitalista, pero, na práctica, as relacións empeoraron a raíz da localización dun avión espía americano sobrevoando o territorio soviético, que os Estados Unidos se negaron a explicar. Aquilo desembocou na construción do Muro de Berlín (1961) e no intento de instalar mísiles en Cuba (Crise dos mísiles de Cuba, 1961) que o enfrontou coa administración de John Fitzgerald Kennedy. Durante o seu mandato, a URSS obtivo un grande suceso na carreira espacial, co lanzamento en 1957 do primeiro satélite e, en 1961, co primeiro voo espacial tripulado. O mesmo suceso aconteceu na carreira armamentista.
No ámbito económico, Khrushchev lanzou planos orientados a liberalizar a economía soviética co fin de alcanzar aos Estados Unidos, descentralizando a planificación e aumentando a autonomía das rexións e das empresas, impulsando a colonización de terras virxes en Siberia, fomentando a investigación científica e prestando maior atención á industria lixeira e á agricultura. Iso permitiulle dar prioridade ao abastecemento dos bens de consumo, iniciando unha nova política económica baseada no economismo. Porén, serían os malos resultados económicos derivados da queda da produción agrícola e da importación maciza de cereais, unidos ao illamento exterior, permitiron a conspiración que o apartou do poder. As reformas impulsadas para adelgazar a burocracia e a administración fixérono ser contestado no interior do partido, e, finalmente, ser dimitido en 1964 acusado do mesmo que el acusara Stalin: culto á personalidade e erros políticos. Sucedeuno á fronte do Partido un dos seus colaboradores máis estreitos, Leonid Brezhnev. En 1966 foi expulsado do Comité Central do PCUS. Morreu en Moscova o 11 de setembro de 1971
| Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas | ||
|---|---|---|
Segue a: Gueorgui Malenkov |
Nikita Khrushchev | Precede a: Leonid Brezhnev |
| Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética | ||
| Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas | ||
|---|---|---|
Segue a: Nikolai Bulganin |
Nikita Khrushchev | Precede a: Aleksei Kosigin |
| Primeiro Ministro da Unión Soviética | ||