Marie Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Nobel prize medal.svgNobel prize medal.svg
Marie Curie
Curie Marie rtf 36cdbdd4.jpg
Premio Nobel de Física e de Química
Nacemento 7 de novembro de 1867
Varsovia, Polonia Polonia
Morte 4 de xullo de 1934
Passy, Francia Francia
Residencia Polonia
Francia
Nacionalidade Franco-polonesa
Campo Física e química
Alma mater La Sorbonne e o ESPCI
Cónxuxe Pierre Curie
Director tese Henri Becquerel
Alumnos tese André-Louis Debierne
Émile Henriot
Marguerite Catherine Perey
Coñecido por Radioactividade
Influído por Pierre Curie
A única persoa en recibir dous premios Nobel en distintos campos científicos. Á parte dela, Linus Pauling obtivo dous Nobel diferentes, un deles non científico (Paz) e John Bardeen recibiu dous premios Nobel de Física.
Maria Skłodowska coñecida por Marie Curie

Marie Curie, nada Maria Skłodowska en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física franco-polonesa. Pioneira no campo da radiactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.

Índice

Biografía [editar]

Naceu en Zarato de Polonia, Varsovia (baixo o reinado do Imperio Ruso), onde viviu ata os 24 anos. En 1891 trasladouse a París para continuar os seus estudos. Fundou o Instituto Curie en París e en Varsovia. Estivo casada co físico Pierre Curie e foi nai de Irène Joliot-Curie (ambos tamén galardoados con senllos Premios Nobel). Pierre Curie morreu nun accidente a mañá do 19 de abril de 1906, ao ser atropelado por un coche de cabalos nunha rúa de París cando se dirixía ao seu laboratorio.

Traxectoria [editar]

Posiblemente sexa a científica máis coñecida da historia. Xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel, recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física (sendo a primeira muller en recoller un Nobel) e en 1911 o de Química (sendo a primeira persoa en recibir dous) polos seus traballos sobre o Radio.

Estudou Física e Química na Universidade da Sorbona, en París, da que foi a primeira profesora nos tempos modernos e onde coñeceu o seu marido e compañeiro de investigacións, Pierre Curie. Xuntos investigaron os materiais radiactivos, en particular un composto do Uranio, a pechblenda, coa particularidade de ser máis radiactivo có uranio do que era extraído. En 1898 chegou á conclusión de que este composto debía conter trazas dun elemento moito máis radiactivo có uranio, anunciando o 26 de decembro dese ano a existencia dunha nova substancia. Despois de numerosos anos de labor incesante, durante os que tratou moitas toneladas de pechblenda, foi concentrando progresivamente e logo illando dous compostos radiactivos, primeiro como cloruro e logo como elemento puro. Nomeounos Polonio, polo seu país de orixe, e Radio, pola súa intensa radiactividade.

O Nobel en Física concedéuselle "en recoñecemento dos servizos rendidos, pola súa investigación común sobre o fenómeno de radiacións, descuberto polo profesor Henri Becquerel". O de Química, "en recoñecemento dos servizos para o avance da química pola descoberta de novos elementos: o radio e o polonio, polo estudo da súa natureza e dos seus compostos".

Morreu de leucemia no Sanatorio Sancellemoz en Passy, Francia.

O 21 de abril de 1995, as súas cinzas e as do seu marido foron enterradas no Panteón de París, converténdose así na primeira muller en ser enterrada alí.

Con posterioridade a ela, Linus Pauling converteuse na outra única persoa que ten concedidos dous Nobel.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Hendrik Lorentz
Pieter Zeeman
Premio Nobel de Física
Nobel prize medal.svg

1903
con
Pierre Curie
e
Henri Becquerel
Sucesor:
John William Strutt
Predecesor:
Otto Wallach
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1911
Sucesor:
Victor Grignard
Paul Sabatier