Avram Hershko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvram Hershko
אברהם הרשקו

Avram Hershko
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1937 (86 anos)
Karcag, Hungría (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Israel
País de nacionalidadeisraelí
Relixiónxudeu
Educación
  • Universidade Hebrea de Xerusalén
  • Coñecido por
  • Ubiquitina
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Bioloxía
  • Lugar de traballo Technion (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Ocupaciónbioquímico , profesor universitario , educador , médico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Nova York
    Technion (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua hebrea Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Judith Leibowitz Hershko
  • Premios
  • premio Lasker (2000)
  • Premio Nobel de Química (2004)

  • Avram Hershko (en húngaro: Herskó Ferenc), nado o 31 de decembro de 1937 en Karcag, Hungría, é un biólogo húngaro xudeu nacionalizado israelí. En 2004 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento da degradación proteínica causada pola ubiquitina.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Nado en Hungría, en 1950 emigrou coa súa familia a Israel. Graduouse en medicina en 1965 e doutorouse en bioloxía en 1969 na Facultade de Medicina Hassadah da Universidade Hebrea de Xerusalén.

    Entre 1965 e 1967 foi membro das Forzas de Defensa Israelitas, onde desenvolveu tarefas de físico.

    Actualmente é profesor distinguido no Rappaport Family Institute for Research in Medical Sciences do Technion (o Instituto Israelí de Tecnoloxía), en Haifa, e profesor adxunto de patoloxía na Universidade de Nova York.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Interesado na degradación proteínica, xunto a Aaron Ciechanover no seu laboratorio de investigación do Technion e en colaboración co estadounidense Irwin Rose, observou como esta degradación era regulada pola ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento, en 2004 foron galardoados Avram Hershko e Irwin Rose co Premio Nobel de Química.

    Notas[editar | editar a fonte]

    • Hershko, A., Ciechanover, A., e Rose, I.A. (1979) "Resolution of the ATP-dependent proteolytic system from reticulocytes: A component that interacts with ATP". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 76, pp. 3107-3110.
    • Hershko, A., Ciechanover, A., Heller, H., Haas, A.L., e Rose I.A. (1980) "Proposed role of ATP in protein breakdown: Conjugation of proteins with multiple chains of the polypeptide of ATP-dependent proteolysis". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 77, pp. 1783-1786.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    De esquerda á dereita: Irwin Rose, Avram Hershko e Aaron Ciechanover na cidade de Estocolmo en 2004 con motivo da entrega dos Premios Nobel.
    Predecesor:
    Roderick MacKinnon,
    Peter Agre
    Premio Nobel de Química

    2004
    con
    Irwin Rose e Aaron Ciechanover
    Sucesor:
    Robert H. Grubbs,
    Richard R. Schrock
    e
    Yves Chauvin