Robert Robinson
Robert Robinson |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 13 de setembro de 1886 Chesterfield |
||
| Morte | 8 de febreiro de 1975 Great Missenden Buckinghamshire |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | inglés | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Sir Robert Robinson nado o 13 de setembro de 1886 en Chesterfield (Inglaterra) e finado o 8 de febreiro de 1975 en Great Missenden, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1947.
Índice |
Biografía [editar]
Estudou química na Universidade de Manchester, e posteriormente foi profesor de química en diversas universidades, entre elas na Universidade de Oxford entre 1930 e 1954. Foi xefe do laboratorio Dyson Perrins durante este mesmo período.
En 1931 foi nomeado Cabaleiro do Imperio Británico polo rei Xurxo V e entre 1945 e 1950 foi presidente da Royal Society de Londres.
Robinson faleceu o 8 de febreiro de 1975 na súa residencia de Great Missenden, situada no condado de Buckinghamshire.
Investigacións científicas [editar]
Iniciou as súas investigacións ao redor dos compostos orgánicos, especialmente no campo da bioxenética. Sintetizou os pigmentos vermello, azul e violeta das flores, que utilizou para a investigación xenética da coloración destas.
Foi codescubridor da síntese das hormonas sexuais hexestrol e estilbestrol, e contribuíu a sintetizar a penicilina durante a Segunda Guerra Mundial. Así mesmo fixo un importante descubrimento sobre os derivados da pirimidina e as súas relacións coa vitamina B.
En 1947 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa investigación sobre produtos vexetais (antocianinos), especialmente os alcaloides. Tamén foi laureado da Medalla Faraday, a Medalla Davy en 1930 e da Medalla Royal en 1932.
Posteriormente axudou a aclarar a estrutura molecular de compostos, por exemplo: estricnina, a nicotina e a morfina, e contribuíu ao desenvolvemento de drogas contra a malaria. Un dos seus logros é a síntese da tropinona.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1947 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: James Batcheller Sumner, John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley |
Premio Nobel de Química 1946 |
Sucesor: Arne Wilhelm Kaurin Tiselius |