Jerome Karle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Jerome Karle
Jerome Karle.jpg
Jerome Karle
Nacemento 18 de xuño de 1918 (94 anos)
Nova York Flag of the United States.svg Estados Unidos
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Campo
Alma mater
Coñecido por
  • desenvolvemento de métodos directos

Jerome Karle nado o 18 de xuño de 1918 en Nova York, Estados Unidos é un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1985.

Índice

Traxectoria [editar]

Tras cursar estudos secundarios na Abraham Lincoln High School de Nova York, pasou a estudar química e física na Universidade de Nova York, na que se graduó en 1937. Posteriormente ampliou estudos na Universidade Harvard, na que levou a cabo un máster en 1938, e para rematar na Universidade de Detroit Misericordia en Míchigan, na que se doctorou en 1944.

Investigación científica [editar]

Involucrouse inicialmente no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica, xunto á súa esposa, Isabella Karle, unha das poucas mulleres involucradas no proxecto.

Especialista en cristalografía, como director de investigación do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos en Washington iniciou unha colaboración co matemático Herbert A. Hauptman na procura de estruturas cristalinas moleculares de átomos lixeiros para analizar os correspondentes espectros de difracción de raios X dos neutrones e electróns mediante novos métodos matemáticos. Os resultados destes estudos contribuíron de modo decisivo a mellorar o coñecemento de temas de química inorgánica como a determinación de radios iónicos e atómicos de átomos metálicos, as estruturas de complexos inorgánicos e compostos intermetálicos.

En 1985 foi galardoado, xunto a Herbert A. Hauptman, co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.

Predecesor:
Robert Bruce Merrifield
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1985
con
Herbert A. Hauptman
Sucesor:
Dudley R. Herschbach,
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]