George Herbert Walker Bush
| George Herbert Walker Bush | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 12 de xuño de 1924 | ||
| Lugar: | Milton, Massachusetts, Estados Unidos |
||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Republicano | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente dos Estados Unidos (1989 - 1993) Embaixador ante a ONU (1971 - 1973) Director da CIA (1976 - 1977) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político, militar | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
George Herbert Walker Bush, nado o 12 de xuño de 1924, foi o 41º Presidente dos Estados Unidos entre os anos 1989 e 1993. Con anterioridade fora embaixador diante a ONU (1971–1973), director da CIA 1976–1977, e o 43º Vicepresidente dos Estados Unidos co presidente Ronald Reagan (1981–1989). É o pai do 43º presidente dos EUA, George Walker Bush.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Actividade durante a Segunda Guerra Mundial
Fillo do senador por Connecticut Prescott Bush e Dorothy Walker. Estudou na Academia Phillips de Andover, Massachusetts entre 1936 e 1942, onde xa demostrou as súas condicións de líder. Despois de se graduar ingresa na US Navy chegando ser o aviador máis novo do exército con 19 anos (1943).
Foi asignado ao Escuadrón Torpedo (VT-51) no portaavións lixeiro U.S.S. San Jacinto. Participou en operacións contra a illa Minami Torishima ou Marcus e a Illa Wake en maio de 1944 e nas Marianas en xuño. O 19 de xuño o avión onde ía Bush fixo unha amaraxe forzada, o destrutor U.S.S. Clarence K. Bronson, rescatou á tripulación, Bush foi promovido a tenente.
O 1 de agosto, o San Jacinto comeza as operacións contra os xaponeses nas Illas Ogasawara. O 2 de setembro de 1944, Bush foi un dos catro pilotos que atacaron as instalacións xaponesas de Chichi-jima, o avión de Bush foi abatido pola defensa antiaérea xaponesa, rescatándoo o submarino U.S.S. Finback.
Bush retornou ao San Jacinto en novembro de 1944 e participou nas operacións de Filipinas. Cando o San Jacinto volveu a Guam, o seu escuadrón, que sofrira a perda do 50% dos pilotos, voltou aos Estados Unidos. Por mor das súas experiencias de combate, Bush foi destinado á Base Militar de Norfolk como adestrador de novos pilotos. Unha vez que Xapón se rendeu, deixou o exército e entrou na Universidade de Yale.
[editar] Postguerra
Casou con Barbara Pierce o 6 de xaneiro de 1945, con ela tivo seis fillos: George W., Pauline Robinson "Robin" (20 decembro 1949– 11 outubro 1953, morto de leucemia), John (Jeb), Neil, Marvin e Dorothy Walker.
Bush entra no negocio do petróleo en Texas, grazas ás relacións do seu pai con Dresser Industries.
[editar] Carreira Política
En 1964, Bush entrou en política, presentándose contra o senador demócrata por Texas Ralph Yarborough, opoñéndose ao seu apoio á Lei de Dereitos Civís de 1964, pero non puido gañar o escano.
En 1966 conseguíu ser elixido para a Cámara de Representantes polo 7º Distrito de Texas, repetindo en 1968. En1970 tenta entrar de novo no Senado, competindo con Lloyd Bentsen, pero de novo perde nas eleccións.
Durante a presidencia de Richard Nixon foi embaixador diante as Nacións Unidas (1971-1973), e con Gerald Ford director da CIA (1976-1977).
Presentou a súa candidatura para ser elixido candidato do Partido Republicano para a presidencia nas eleccións de 1980, pero perdeu diante Ronald Reagan, aínda que este elixiu a Bush como o seu candidato para a vicepresidencia.
A lista Reagan/Bush gañou de novo en 1984, contra dos demócratas Walter Mondale/Geraldine Ferraro, durante o segundo mandato como Vicepresidente, Bush converteuse no primeiro vicepresidente en se converter en Presidente provisorio, cando Reagan tivo que se someter a unha operación cirúrxica o 13 de xullo de 1985.
En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia, competindo nas primarias do Partido Repúblicano con Bob Dole e Pat Robertson, vencéndoos sen dificultade, e elixindo ao senador Dan Quayle como candidato á vicepresidencia para se enfrontar aos candidatos do Partido Demócrata, Michael Dukakis e Lloyd Bentsen aos que tamén vencen.
[editar] Presidencia
Continuou a política do seu predecesor, Ronald Reagan, dando prioridade á política exterior, en 1989 coa caída do Muro de Berlín apoiou a unificación alemá e mantivo o diálogo con Mikhail Gorbachov. Autoriza a invasión de Panamá para destituír ao presidente Manuel Noriega.
En agosto de 1990 Iraq invade Kuwait, George Bush, co aval do Congreso e das Nacións Unidas, envía tropas ao Golfo.
| Predecesor: Ronald Wilson Reagan |
Presidente dos Estados Unidos de América 1989 - 1993 |
Sucesor: William Jefferson Clinton |