Ahmed H. Zewail

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahmed H. Zewail
Zowel.jpg
Datos persoais
Nacemento 26 de febreiro de 1946 (68 anos)
Lugar Damanhur Exipto Exipto
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Etnia
Cóncuxe
  • Dema Faham
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Ahmed Hassan Zewail (en árabe: أحمد زويل) nado o 26 de febreiro de 1946 en Damanhur (Exipto) é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe exipcia, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en química pola Universidade de Alexandría e posteriormente trasladouse aos Estados Unidos para facer o doutoramento pola Universidade de Pensilvania en 1974 na mesma disciplina. Tras traballar dous anos na Universidade de Berkeley, trasladouse ao Instituto Tecnolóxico de California, onde ocupa a cátedra Linus Pauling de Física Química desde 1990.

Zewail está casado e ten catro fillos.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

O interese de Zewail por coñecer a dinámica das reaccións químicas en tempo real, por saber que pasa exactamente e a que velocidade entre reactivos e produtos, levoulle a proxectar pulsos de láser de moi curta duración sobre as partículas que interveñen nas reaccións.

Baseándose na capacidade de átomos e moléculas de absorber ou reirradiar a luz incidente distintamente, modificando o espectro de forma característica para cada un deles. Zewail pretendía identificar os elementos que aparecían nos estadios intermedios dunha reacción (investigacións que iniciou a fins dos sesenta). Pero estes estados son extremadamente curtos: da orde de 10 a 100 femtosegundos. Non foi ata mediados da década dos oitenta, cando se desenvolveron láseres capaces de lanzar pulsos tan curtos, que Zewail puido observar (por primeira vez usando cianuro de iodo) a partición dunha molécula e o posterior afastamento dos fragmentos restantes.

A partir de aquí, el e o seu equipo proxectaron numerosos pulsos de láser sobre distintas reaccións, estudando en cada caso os enlaces químicos, os estados de excitación e o movemento dos diferentes átomos e moléculas que aparecen nos sucesivos intermedios. A "filmación" das reaccións químicas permitiulles descubrir que entre reactivos e produtos dunha reacción adoitan aparecer numerosas moléculas altamente inestables e cun tempo de vida extremadamente curto. Esta técnica constitúe a base dunha nova rama da química, a chamada femtoquímica, cuxo desenvolvemento permite entender mellor as reaccións do metabolismo dos seres vivos (como a fotosíntese ou o efecto que produce a luz sobre os bastonciños da retina). Por estas investigacións foille concedido o Premio Nobel de Química en 1999.

En maio de 2008 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Walter Kohn
e
John Pople
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1998
Sucesor:
Alan J. Heeger,
Alan MacDiarmid
e
Hideki Shirakawa