George Andrew Olah
George Andrew Olah |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 22 de maio de 1927 (85 anos) Budapest |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | húngaro/estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
George Andrew Olah (en húngaro: György András Oláh) nado o 22 de maio de 1927 en Budapest (Hungría) é un químico húngaro nacionalizado como estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1994.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou química na Universidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest, onde se doctorou en 1949. Tras a Revolución Húngara de 1956 fuxiu, inicialmente a Inglaterra e posteriormente a Canadá, onde traballou na Dow Chemical Company. En 1965 aceptou o seu nomeamento como profesor de química na Case Western Reserve University e en 1977 na Universidade do Sur de California dos Ánxeles. En 1971 conseguiu a nacionalidade estadounidense.
Investigacións científicas [editar]
Interesado en química orgánica desenvolveu as súas investigacións sobre os catións de carbono, denominados carbocatións, fragmentos cargados positivamente que proceden de moléculas de hidrocarburos e que aparecen en fraccións de segundos nos estadios intermedios das reaccións químicas.
En 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os carbocatións, fundamentais na produción de materiais sintéticos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1994 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1994 (en inglés)
- George Andrew Olah en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de George Andrew Olah en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Kary Mullis e Michael Smith |
Premio Nobel de Química 1994 |
Sucesor: Paul J. Crutzen, Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland |