Adolf Otto Reinhold Windaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolf Otto Reinhold Windaus
Windaus.jpg
Adolf Otto Reinhold Windaus
Datos persoais
Nacemento 25 de decembro de 1876
Lugar Berlín Alemaña Alemaña
Falecemento 9 de xuño de 1959
Lugar Göttingen Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe Elisabeth Resau (1915)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Química orgánica
Bioquímica
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por descubrir a vitamina D e a histamina
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1928)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Adolf Otto Reinhold Windaus, nado o 25 de decembro de 1876 en Berlín (Alemaña) e finado o 9 de xuño de 1959 en Göttingen, foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronno tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Friburgo ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veleno que se extrae da dedaleira. A partir de 1906, traballa como profesor na Universidade de Innsbruck, e na Universidade de Göttingen de 1915 a 1944 como director do Instituto Químico.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels (futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizade. En 1901 retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir de 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en Göttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora illado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descobriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitamina actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descobrir a histamina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adolf Otto Reinhold Windaus

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Heinrich Otto Wieland
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1928
Sucesor:
Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin