Kurt Alder
Kurt Alder |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 10 de xullo de 1902 Königshütte Chorzów Alta Silesia |
||
| Morte | 20 de xuño de 1958 Colonia |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | alemán | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Kurt Alder, nado en Königshütte o 10 de xullo de 1902 e finado en Colonia o 20 de xuño de 1958, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química xunto a Otto Diels en 1950.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado na Alta Silesia, despois da Primeira Guerra Mundial tivo que deixar a súa terra natal por razóns políticas. En 1922 comeza a estudar química na Universidade de Berlín, e posteriormente na de Kiel, onde coñece a Diels.
No ano 1934 comeza a traballar na IG Farben Industrie en Leverkusen, onde traballou no caucho sintético. En 1940 foi nomeado profesor de Química experimental e técnica na Universidade de Colonia, a pesar das dificultades ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial continou as súas investigacións na síntese dos compostos orgánicos, publicando máis de 150 artigos neste campo.
En 1950 recibiu o Premio Nobel de Química compartido con Diels polos seus descubrimentos sobre a síntese diénica (reacción Diels-Alder)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1950 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: William Francis Giauque |
Premio Nobel de Química 1950 compartido con Otto Paul Hermann Diels |
Sucesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |