Alfred Werner
Alfred Werner |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1866 |
||
| Morte | 15 de novembro de 1919 Zúric |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | |||
| Campo | Química | ||
| Alma mater | Universidade de Zúric | ||
| Cónxuxe | Emma Giesker (1894) | ||
| Director tese | Arthur Rudolf Hantzsch, Marcellin Berthelot | ||
| Coñecido por | A configuración dos complexos metálicos transitivos. | ||
|
|||
Alfred Werner nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919) foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Índice |
Biografía [editar]
Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zúric e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zúric en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.
Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zúric.
Investigacións científicas [editar]
Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.
En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.
En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.
En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.
Obras escritas [editar]
- Beiträge zur Theorie der Affinität und Valeur, Lehrbuch der Stereochemie (1904)
- Ueber die Konstitution und Konfiguration von Verbindungen höherer Ordnung (1914).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía en Nobelprize.org
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1913 (en inglés)
- Perfil de Alfred Werner en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Victor Grignard Paul Sabatier |
Premio Nobel de Química 1913 |
Sucesor: Theodore William Richards |