Karl Ziegler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Waldemar Ziegler Nobel prize medal.svg
Karl Ziegler Nobel.jpg
Karl Ziegler
Datos persoais
Nacemento 26 de novembro de 1898
Lugar Helsa preto de Kassel Alemaña Alemaña
Falecemento 11 de agosto de 1973
Lugar Mülheim an der Ruhr Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe
  • Maria Kurtz (1922)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr) foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química e doctorouse en 1923 na Universidade de Marburg. Traballou como profesor universitario en Frankfurt e en Heidelberg, ata que en 1943 foi nomeado director de Investigacións sobre o carbono no prestixioso Instituto Max Planck, situado na cidade de Mülheim.

Tamén foi profesor no instituto RWTH de Aachen.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas investigacións estudando as reaccións entre os compostos organometálicos, especialmente do litio, e o butadieno, e máis tarde descubriu que os compostos de aluminio comportábanse de xeito análogo co etileno. O resultado desta investigación previa foi a fabricación en 1953 de polietileno mediante un procedimento de baixa presión, segundo o cal o etileno forma longas cadeas de adición co catalizador de aluminio.

Ziegler gañou o premio Nobel de química en 1963 compartíndoo co italiano Giulio Natta, polos seus traballos na tecnoloxía dos polímeros de alta masa molecular.

Tamén traballou na química dos radicais químicos con carbono trivalente e na síntese de compostos policíclicos como a cantaridina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
John Cowdery Kendrew
e
Max Ferdinand Perutz
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1963
compartido con
Giulio Natta
Sucesor:
Dorothy Crowfoot