Paul Berg
Paul Naim Berg |
|||
|---|---|---|---|
Profesor Paul Naim Berg. |
|||
| Nacemento | 30 de xuño de 1926 (86 anos) Brooklyn, Nova York |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe | |||
| Director tese | |||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Paul Naim Berg nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA) é un bioquímico e profesor emérito da Universidade de Stanford, galardonado co premio Nobel de Química de 1980.
Índice |
Traxectoría [editar]
Graduouse no instituto Abraham Lincoln en 1943, licenciouse en bioquímica na Universidade Estatal de Pensilvania en 1948 e doctorouse en Cásea Western Reserve University de Cleveland en 1952.
Desde 1959 é profesor de bioquímica na Universidade de Stanford.
Investigacións científicas [editar]
Os seus estudos como postgraduado incluíron o uso de trazadores radioisotópicos no metabolismo intermedio. O resultado foi a comprensión sobre como os alimentos son convertidos en material celular, a través do uso de carbonos isotópicos ou átomos nitrogenados pesados. A súa tese doutoral é agora coñecida como a conversión de ácido fórmico, formaldehido e metanol para reducir completamente os grupos metilo a metionina. Foi tamén un dos primeiros en demostrar que os cofactores do ácido fólico e a vitamina B12 tiñan influencia nos procesos mencionados.
En 1980 recibiu o Premio Nobel de Química xunto a Walter Gilbert e Frederick Sanger polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos, e en especial polo estudo do ADN híbrido.
Os novos traballos do profesor Berg foron no campo da bioquímica metabólica, e como profesor na Universidade de Stanford está agora investigando nos campos de bioloxía molecular e a recombinación do ADN. El e o seu equipo están agora investigando sobre o virus VIH. O virus VIH-1 induce unha inmunodeficiencia que infecta as células T4.
Berg recibiu a Medalla nacional de Ciencia en 1983, de mans do presidente Ronald Reagan.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1980 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1980 (en inglés)
- Paul Berg en Biografías y vidas(en castelán)
- Narración de Paul Berg "Protein Synthesis: An Epic on the Cellular Level" en Google Vídeo
- Artigo de 2001 sobre Paul Berg na páxina web da Universidade de Stanford
- Entrevista na páxina web dos Premios Nobel
| Predecesor: Herbert C. Brown e Georg Wittig |
Premio Nobel de Química 1980 con Walter Gilbert e Frederick Sanger |
Sucesor: Roald Hoffmann e Kenichi Fukui |