Aaron Klug
Aaron Klug |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de agosto de 1926 (86 anos) Zelvas |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | británico | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
| Relixión | xudía | ||
Aaron Klug, OM, FRS nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas, (Lituania) é un químico e biofísico británico de orixe lituano galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.
Traxectoría [editar]
Aos dous anos mudouse a Durban, Sudáfrica, onde se graduó en química na Universidade de Witwatersrand en Johannesburgo, e estudou cristalografía na Universidade de Cidade do Cabo antes de irse a Inglaterra, completando o seu doutoramento en Trinity College, da Universidade de Cambridge en 1953, universidade da cal foi o director do laboratorio de Bioloxía Molecular entre 1986 e 1996.
Entre 1995 e 2000 presidiu a Royal Society.
Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1995 e 2000, tamén é membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1988 foi nomeado sir e en 1995 foille concedida a Orde do Mérito por parte da raiña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas [editar]
En Londres colaborou con Rosalind Franklin, descubridora da estrutura do ADN. Demostrou un gran interese polo estudo dos virus, e durante a súa estancia alí descubriu as estruturas dalgúns deles.
Nos anos 1970, Klug usou os métodos de diagramas de difracción de raios X, que, combinados coa microscopía electrónica, permitiulle descifrar os complexos proteínicos do ácido nucleico, así como a obtención de imaxes tomadas en diferentes ángulos, e combinándoas logrou reconstrucións tridimensionales dalgunhas proteínas.
En 1982 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento de métodos cristalográficos para descifrar os complexos proteínicos dos ácidos nucleicos.
Ademais, Klug logrou a Medalla Copley en 1985.
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1982 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1982 (en inglés)
- Aaron Klug en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Aaron Klug en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Roald Hoffmann, Kenichi Fukui |
Premio Nobel de Química 1982 |
Sucesor: Henry Taube |