Jaroslav Heyrovský

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaroslav Heyrovský
Heyrovsky deska.jpg
Placa memorial en Praga.
Datos persoais
Nacemento 20 de decembro de 1890
Lugar Praga República Checa República Checa
Falecemento 27 de marzo de 1967
Lugar Praga República Checa República Checa
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia República Checa República Checa
Nacionalidade checo
Etnia
Cóncuxe
  • Marie Koranová (1926)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Jaroslav Heyrovský, nado en Praga o 20 de decembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1967, foi un químico e inventor checo, que recibiu o Premio Nobel de Química de 1959 polos seus traballos en química electroanalítica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Praga, cidade que naqueles momentos formaba parte do Imperio austrohúngaro pero que hoxe en día é a capital da República Checa. Iniciou os seus estudis de física, química e matemáticas na Universidade de Praga, traslandándose en 1910 á Universidade de Londres, onde se licenciou en 1913 baixo a supervisión de William Ramsay.

Durante a Primeira Guerra Mundial realizou o servizo militar nun hospital militar como radiólogo e á súa finalización realizou o doutoramento en Praga en 1918 e un máster posterior en Londres en 1921, ambos sobre electroquímica.

En 1926 Heyrovský casou con Marie Koranová, e tiveron dous fillos: Judith e Michael.

Heyrovský morreu o 27 de marzo de 1967 na súa residencia de Praga, naqueles momentos capital de Checoslovaquia, e enterrouse no cemiterio Vyšehrad na súa Praga natal.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1920 foi invitado polo profesor B. Kucera a estudar as anomalías das curvas electrocapilares determinadas polo método do peso da pinga de mercurio. As investigacións realizadas sobre as curvas de intensidade de corrente-tensión permitíronlle entrever moi pronto un novo e prometedor método de análise analítica. En 1925 deu a coñecer un aparello automático para o rexistro destas curvas, ideado en colaboración co xaponés Masuzo Shikata, ao que bautizou como polarógrafo e co cal reducíase a duración de moitas análises electroquímicas.

En 1959 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento do método analítico de polarografía.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse o cráter Heyrovský sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Frederick Sanger
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1959
Sucesor:
Willard Frank Libby



[[Categoría:Químicos da República Checa]