Walther Hermann Nernst
Walther Hermann Nernst |
|||
|---|---|---|---|
Walther Hermann Nernst |
|||
| Nacemento | 25 de xuño de 1864 Briesen, Prusia |
||
| Morte | 18 de novembro de 1941 Ober-Zibelle |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | Alemán | ||
| Campo | Química física Física |
||
| Alma mater | Universidade de Berlín Universidade de Zuric Universidade de Graz Universidade de Wuerzburg |
||
| Cónxuxe | Emma Lohmeyer (1892) | ||
| Director tese | Marcellin Berthelot | ||
| Coñecido por | Terceira Lei da Termodinámica Lampada de Nernst Ecuación de Nernst Efecto de Nernst Equación di Nernst Planck Termoquímica |
||
| Influído por | James Riddick Partington | ||
|
|||
Walther Hermann Nernst nado en Briesen, (Prusia) o 25 de xuño de 1864 e finado en Ober-Zibelle, (Alemaña) o 18 de novembro de 1941), foi un físico e químico alemán, Premio Nobel de Química en 1920.
Índice |
Biografía [editar]
Nacido na Prusia occidental, considerábase alemán, aínda que de nai polaca.
Estudou nas universidades de Zúric, Berlín, Graz e Wurzburgo. Tras traballar algún tempo en Leipzig, desde 1891 exerceu como profesor de física na Universidade de Gotinga, onde, en 1895, fundou o Instituto de Química, Física e Electroquímica.
Posteriormente, en 1905 trasladouse á Universidade Humboldt de Berlín como profesor e director do Instituto de Química Física. En 1922 foi nomeado presidente do Instituto Fisicotécnico de Berlín-Charlottenburg, cargo que deixou en 1933. Desde entón dedicouse ao estudo da electroacústica e astrofísica.
Casou con Emma Lohmeyer en 1892 con quen tivo dous fillos e tres fillas.[1]
Investigacións científicas [editar]
Os seus traballos axudaron a establecer a moderna físico-química. Traballou nos campos da electroquímica, termodinámica, química do estado sólido e fotoquímica. Os seus descubrimentos inclúen a ecuación de Nernst.
Desenvolveu o chamado "teorema da calor", segundo o cal a entropía dunha materia tende a anularse cando a súa temperatura aproxímase ao cero absoluto, e que constitúe a Terceira Lei da Termodinámica. Recibiu o premio Nobel de Química, premio que foi anunciado o 10 de novembro de 1921 e entregado aquel mesmo ano.
Desenvolveu tamén unha teoría osmótica para explicar e determinar o potencial dos eléctrodos dunha pila de concentración e formulou a lei de distribución dunha materia entre dúas fases dadas.
Inventou a chamada lámpada de Nernst, cuxo filamento (constituído por óxidos de circonio e itrio) faise condutor ao quentarse, podendo alcanzar temperaturas superiores en máis de 1000 °C ás doutras lámpadas, máis eficaz que as antigas lámpadas de arco de carbón e que adoita empregarse como fonte de raios infravermellos.
A partir de 1933 dedicouse ao estudo da electroacústica e a astrofísica, inventou unha microbalanza, así como un piano eléctrico en colaboración coas compañías Bechstein e Siemens , e no que utilizou amplificadores de radio.
Recoñecementos [editar]
Na súa honra bautizouse ao asteroide (24748) Nernst descuberto o 26 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Ludtz D. Schmadel.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1920 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Walther Hermann Nernst NNDB (en inglés)
| Predecesor: Fritz Haber |
Premio Nobel de Química 1920 |
Sucesor: Frederick Soddy |